Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica no cruzamento das rúas Mosteiro de Caaveiro-Alfredo Tella.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras.

b) Número de expediente: O98/44.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica no cruzamento das rúas Mosteiro de Caaveiro-Alfredo Tella.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 12.906.493 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 258.129 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de instalación semafórica no cruzamento das rúas Mosteiro de Caaveiro-Alfredo Tella.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6308