Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de conservación de espacios naturais 97/007 e 97/056.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado, que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo proce

derase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN-97/007.

Denunciado: Roberto J. Rodríguez Soage.

DNI: 36.156.867.

Último enderezo coñecido: Avda. de Marín, 16, Cangas (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular cun vehículo dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento de incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-97/056.

Denunciado: Oscar Doval Balsa.

DNI: 35.466.452.

Último enderezo coñecido: Ballesteros, 5, Vilagarcía (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular cun vehículo dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento de incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

5633