Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de conservación de espacios naturais 97/033 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción

administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non poder realizarse a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para tramite de vista, se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: CEN-97/033.

Denunciado: Mª Jesús Muñoz Novoa.

DNI: 34.915.730.

Último enderezo coñecido: Mercado, 18, Ourense.

Feito denunciado: circular cun vehículo dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-97/037.

Denunciado: Julio Piñeiro Bermúdez.

DNI: 35.420.699.

Último enderezo coñecido: Cordeiro Ferreiros, Valga (Pontevedra).

Feito denunciado: circular cun vehículo dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-97/048.

Denunciado: Javier M. Rebollido Oliveira.

DNI:

Último enderezo coñecido: Quinteiro, Boiro.

Feito denunciado: circular cun vehículo dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-97/055.

Denunciado: José A. Lado Seoane.

DNI: 52.450.178.

Último enderezo coñecido: Avda. da Coruña, Ribeira.

Feito denunciado: circular cun ciclomotor dentro do parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

5710