Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais 98/001 e 98/006.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 39.3º da citada lei en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución determinándose, para estes efectos, os importes das sancións.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN-98/001.

Denunciado: Manuel A. Cañas Pan.

DNI: 32.436.392.

Último enderezo coñecido: edificio Freitaba, P.1, 1º C, (Polígono Adormideras), A Coruña.

Feito denunciado: ter unha ave protexida con permiso caducado.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.8º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

Expediente: CEN-98/006.

Denunciado: José M. Hermida Ferreira.

DNI: 33.241.273.

Último enderezo coñecido: San Bricio, Noia.

Feito denunciado: circulación cun vehículo Ford Escort branco por zona prohibida.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 38.13º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

5632