Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da consultoría e asistencia para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de reforma e adaptación para o centro de formación ocupacional de Coia en Vigo e dirección técnica dela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 32/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da consultoría e asistencia para a redacción do proxecto básico e de execución da obra de reforma e adaptación para o centro de formación ocupacional de Coia en Vigo e dirección técnica dela.

b) Prazo de execución: redacción do proxecto: 15 días. Dirección da obra: desde a acta de comprobación do replanteo ata o remate da obra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.650.672 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación (266.027 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19 (teléfono: 981 59 33 85).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono de información 981 54 46 80, 981 54 46 52.

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requistos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio:

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

5631