Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fan públicas as resolucións do conselleiro dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-17/1997 e P-27/1997.

Expediente sancionador: C-17/1997.

Intentada a notificación directa a Abel Bóveda Gay da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte

RESOLUCIÓN:

1º Sanciona-la á empresa operadora Electrónicos Erma, S.A., CIF A-15062953, con nº de rexistro C-297, solidariamente co seu xerente/apoderado, Juan Manuel Mata Cobas, con DNI 33.233.323, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación, no local Sal Si Podes do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dúas máquinas recreativas sen ter instalado nelas ou no local o boletín de instalación.

2º Sanciona-lo titular do establecemento Sal Si Podes, sito en r/ Home Santo nº16 do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), Abel Bóveda Gay, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.) pola pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación, no seu establecemento dúas máquinas recreativas sen ter instalado nelas ou no local o boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción xontencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-300-4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-27/1997.

Intentada a notificación directa a María Dolores Rodríguez Domínguez e María Concepción Fernández Rodríguez, Rodríguez Rodríguez, C. B., da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte

RESOLUCIÓN:

1º Sanciona-la á empresa operadora Recreativos Veiga, S.L., CIF B-36642684, con nº de rexistro P-0123, solidariamente co seu xerente/apoderado Antonio Veiga Galiño, con DNI 35921006, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación no local Taperia El Capricho, unha máquina recreativa de tipo B carecendo do boletín de instalación.

2º Sanciona-lo titular do establecemento Taperia El Capricho, sito na r/ Avda. O Fragoso nº 57 no concello de Vigo (Pontevedra), María Dolores Rodríguez Domínguez e María Concepción Fernández Rodríguez, Rodríguez Rodríguez, C.B., con CIF E-36811552, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local unha máquina recreativa de tipo B carecendo do boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo de a correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

6154