Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Hostelera Sadense (Sadatur).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados ás 13 horas do día 11 de xuño de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Hostelera Sadense (Sadatur), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local (Sada).

Profesional: empresarios de hostalería que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

Asinan a acta de constitución: Julio Martínez Alonso e dúas persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5782