Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da instalación de parques de animación infantil durante as festas do Cristo da Victoria de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Xuventude, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 5759/331.

2. Obxecto do contrato. Descrición: instalación de parques de animación infantil durante as festas do Cristo da Victoria en Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: o contrato executarase entre o día 25 de xullo e o 1 de agosto de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 3.300.000 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Ponvedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula XI.4 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6238