Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto e por lotes para a contratación da execución de material gráfico diverso que conformará a campaña de publicidade da Concellería de Comercio e Turismo de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 11300/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución de material gráfico para a campaña de publicidade da Consellería de Turismo Vigo.

Lotes: lote I: guía de Vigo con plano rueiro despregable (9.500.000 pesetas).

Lote II: folleto turístico da cidade (6.000.000 de pesetas).

Lote III: pósters (1.100.000 pesetas).

Lote IV: bolsas (1.000.000 de pesetas).

Lote V: C.D-ROM múltimedia (7.500.000 pesetas).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: é o que figura para cada un dos lotes no punto 2 do anuncio.

5. Garantías:

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solcitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría A ou grupo III, subgrupo 8, categoría A. Só será esixida ós licitadores que presenten propostas a varios lotes e a suma destes supere os 20.000.000 de pesetas.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Ponvedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10.3 do prego de condións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6232