Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial do núcleo 08.05 A Luz (Coruxo). (Expediente 4575/411).

O Consello de Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 15 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo 08.05 A Luz na parroquia de Coruxo e o seu catálogo de elementos que hai que conservar, redactado polos arquitectos Ronald Baer Fokler, Marta Galán Musatadi e Carlos Rodríguez de la Torre.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

6237