Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/1998-08).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 11/1998 da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia. Vistos por José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número seis deste partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 11/1998, seguidos neste xulgado sobre estafa, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante, policía local nº 161 e o denunciado Antolín Riopedre Mesa.

Debo condenar e condeno a Antolín Riopedre Mesa, como autor dunha falta de estafa, a pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena da multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade personal subsidiaria dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

E para que sirva de notificación a Antolín Ripoedre Mesa con domicilio descoñecido expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5678