Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Mª Isabel Toimil López, co último enderezo coñecido en San Eufrasio, nº 222, 27295 Lugo, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón trescentas sesenta e unha mil oitocentas noventa e tres (1.361.893) ptas. en concepto de cobramento indebido de axuda por enfermidade do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo remitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpor, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

- Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

- Recurso económico-administrativo perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

6264