Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (12/1998-08).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 12/1998 da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 12/1998, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes o denunciante Antonio J. Arcos Prado, e o denunciado Juan M. Castiñeiras Formoso.

Debo absolver e absolvo libremente a Juan Manuel Castiñeiras Formoso da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación a causa, pronúncioo, mándoo e asínoo en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

E para que sirva de notificación en forma a Antonio J. Arcos Prado e Juan Manuel Castiñeiras Formoso, ambos con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5664