Por Orde do 1 de febreiro de 1995 (DOG do 1 de marzo) foi aprobado o proxecto da editorial Oxford University Press da área de lingua estranxeira: inglés para o segundo ciclo de educación primaria.
A devandita editorial elaborou novos materiais curriculares desenvolvidos a partir do proxecto editorial aprobado pola orde antes mencionada. Por isto, unha vez supervisadas as mostras significativas correspondentes a estes novos materiais Fantastic Fanfare 1 e 2, en virtude do establecido no Decreto 89/1993, do 19 de abril e a Orde do 15 de novembro de 1994, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo uso, nos centros docentes, dos novos materiais Fantastic Fanfare 1 e 2 da área de lingua estranxeira: inglés para o segundo ciclo de educación primaria, correspondente ó proxecto da editorial Oxford University Press aprobado por Orde do 1 de febreiro de 1995.
Segundo.-Os materiais curriculares deberán reflectir esta autorización nos termos establecidos na Orde do 15 de novembro de 1994, mencionando a orde de aprobación do proxecto e a presente orde.
A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
6037