Por Orde do 28 de outubro de 1996 (DOG do 29 de novembro) foi aprobado o proxecto da editorial McGraw-Hill/Interamericana de España da área de tecnoloxía para o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria.
A devandita editorial elaborou novos materiais curriculares desenvolvidos a partir do proxecto editorial aprobado pola orde antes mencionada. Por isto, unha vez supervisadas as mostras significativas correspondentes a estes novos materiais, en virtude do establecido no Decreto 89/1993, do 19 de abril e a Orde do 15 de novembro de 1994, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo uso, nos centros docentes, dos novos materiais da área de tecnoloxía para o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria, correspondente ó proxecto da editorial McGraw-Hill/Interamericana de España aprobado por Orde do 28 de outubro de 1996.
Segundo.-Os materiais curriculares deberán reflectir esta autorización nos termos establecidos na Orde do 15 de novembro de 1994, mencionando a orde de aprobación do proxecto e a presente orde.
A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
6040