Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se autoriza o uso, nos centros docentes públicos e privados, de novos materiais curriculares derivados do proxecto editorial para o primeiro ciclo de educación primaria da editorial Rodeira-Grupo Edebé, aprobado por Orde do 1 de febreiro de 1995.

Por Orde do 1 de febreiro de 1995 (DOG do 1 de marzo) foi aprobado o proxecto da editorial Rodeira-Grupo Edebé da área de lingua e literatura galega para o primeiro ciclo de educación primaria.

A devandita editorial elaborou novos materiais curriculares desenvolvidos a partir do proxecto editorial aprobado pola orde antes mencionada. Por isto, unha vez supervisadas as mostras significativas

correspondentes a estes novos materiais, en virtude do establecido no Decreto 89/1993, do 19 de abril e a Orde do 15 de novembro de 1994, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo uso, nos centros docentes, dos novos materiais da área de lingua e literatura galega para o primeiro ciclo de educación primaria, correspondente ó proxecto da editorial Rodeira-Grupo Edebé aprobado por Orde do 1 de febreiro de 1995.

Segundo.-Os materiais curriculares deberán reflectir esta autorización nos termos establecidos na Orde do 15 de novembro de 1994, mencionando a orde de aprobación do proxecto e a presente orde.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6036