Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se autoriza o uso, nos centros docentes públicos e privados, de novos materiais curriculares derivados do proxecto editorial para o segundo ciclo de educación primaria da editorial Oxford University Press, aprobado por Orde do 28 de outubro de 1996.

Por Orde do 28 de outubro de 1996 (DOG do 29 de novembro) foi aprobado o proxecto da editorial Oxford University Press da área de lingua estranxeira: inglés para o segundo ciclo de educación primaria.

A devandita editorial elaborou novos materiais curriculares desenvolvidos a partir do proxecto editorial aprobado pola orde antes mencionada. Por isto, unha vez supervisadas as mostras significativas correspondentes a estes novos materiais Top Class, en virtude do establecido no Decreto 89/1993, do 19 de abril e a Orde do 15 de novembro de 1994, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo uso, nos centros docentes, dos novos materiais Top Class da área de lingua estranxeira: inglés para o segundo ciclo de educación primaria, correspondente ó proxecto da editorial Oxford University Press aprobado por Orde do 28 de outubro de 1996.

Segundo.-Os materiais curriculares deberán reflectir esta autorización nos termos establecidos na Orde do 15 de novembro de 1994, mencionando a orde de aprobación do proxecto e a presente orde.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6035