Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria, realizada o día 22 de xuño deste ano, acordou aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación do Plan Parcial O Rosal Sur.

De conformidade co Art. 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, do 24 de marzo, este expediente

exponse ó publico polo prazo de 20 días, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, podendo os interesados durante este prazo examinalo nas oficinas da secretaría e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Moaña, 23 de xuño de 1998.

Xabier Abalo Costa

Alcalde

6066