Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

O alcalde-presidente en virtude da Resolución 90/1998, do 26 de maio, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da UA1 das NSPM de Laxe, promovido por Urbanización Mira, S.L., de Baio- A Coruña, e redactado polo arquitecto, Luis Collarte Rodríguez, e ten un orzamento de 32.634.695 pesetas.

Contra o devandito acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación.

De interpoñe-lo dito recurso, advírtese que o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado.

Maila o anterior, e se o consideran conveniente, os interesados poderán utilizar e exercer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Laxe, 27 de maio de 1998.

Antonio Castro Lema

Alcalde

6189