Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: iluminación pública nos barrios de Barredo, Vilar dos Naraos e Vilaxurxo (parroquia de San Andrés de Barredo).

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 3.851.539 ptas.

d) Garantía provisional: 77.031 ptas. Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: iluminación pública nos barrios de Camiño e Trashorras (parroquia de San Miguel) e barrios de Mirandela e Outeiro de Vellas (parroquia de Santo André e Mirandela).

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 6.430.908 ptas.

d) Garantía provisional: 128.619 ptas. Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

4. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: iluminación pública nos barrios de Vilar, San Cibrao, Verducedo, Santadrao, Escoureda, A Valiña, Foxos e Castelo (parroquia de Montecubeiro).

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 6.317.484 ptas.

d) Garantía provisional: 126.350 ptas. Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde, praza do Concello, 2, C.P. 27120 Castroverde (Lugo). Teléfono 982 31 20 80, fax 982 31 20 11.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, praza do Concello, 2.

9. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 22 de xuño de 1998.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde

5091