Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do nove de xuño de mil novecentos noventa e oito, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de ampliación e reforma do cemiterio municipal da Pontenova, 2ª fase.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello da Pontenova.

b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: ampliación e reforma do cemiterio municipal da Pontenova, 2ª fase.

b) Nº do expediente: 1/98.

c) División por lotes e número: non ten.

d) Lugar de execución: termo municipal da Pontenova.

e) Prazo de execución: tres (3) meses.

f) Orzamento de licitación: 5.725.507 pesetas, IVE incluído.

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías:

Provisoria: 114.510 pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pontenova (Lugo).

b) Domicilio: Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade e código postal: A Pontenova, 27720.

d) Teléfono: 982 34 22 77.

e) Fax: 982 34 20 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior á data de publicación deste anuncio (para os efectos do cómputo dos prazos indícase que os días son naturais).

g) Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Unidades de obra completa adicional que garden relación coa materia e natureza do proxecto obxecto do contrato, a prezos do proxecto.

Se é o caso, os licitadores presentarán un orzamento coas medicións e prezos ofertados das unidades de obra referidas.

-Mellor prazo de execución.

-Mellor prezo.

-Relación de obras executadas dentro dos últimos tres anos para as administracións públicas, xunto coa certificación de boa execución, expedida polo director de cada unha delas.

6. Gastos de anuncios.

O pagamento do importe dos anuncios será por conta do contratista adxudicatario.

7. Presentación de proposicións e documentación.

As proposicións presentaranse en man no rexistro do Concello, durante os trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e no DOG, no que figurará como lema o título da obra a que se licite, de acordo co modelo que figura no anexo.

A documentación que se entregará é a esixida na cláusula 17ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de plicas:

Lugar: Casa do Concello.

Data: terceiro día posterior contado desde a data de terminación do prazo de presentación de plicas, sempre que non coincida en sábado; en tal caso abriríanse o primeiro día hábil seguinte.

Hora: nove horas e trinta minutos (9.30).

Anexo: Don/Dona..., domiciliado/a en..., con DNI número..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...) informado/a da convocatoria de concurso toma parte nel, comprometéndose á realización das obras de..., no prazo de..., e no prezo de..., (en letra e en número) IVE incluído, conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas que acepta íntegramente, e se compromete á realización de unidades de obra adicional valoradas a prezos de proxecto e de acordo co seguinte detalle: unidades de obra, medición, designación, prezo e total.

A Pontenova, 10 de xuño de 1998.

Enrique Fernández González

Alcalde

6203