Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso para a contratación dos servicios complementarios da organización da LIII edición do Trofeo Teresa Herrera.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: AS98/18.

2. Obxecto do contrato: servicios complementarios da organización da LIII edición do Trofeo Teresa Herrera.

Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 130.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica» e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación de servicios complementarios da organización da LIII edición do Trofeo Teresa Herrera (Ref. AS98/18).».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6187