Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da DirecciónXerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de probas inmunohematolóxicas. (C.P. 119/1998).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxeto: subministración de probas inmunohematolóxicas.

Orzamento: 14.208.902 ptas.

Garantía provisional: 284.178 ptas.

Lote 1: grupo sérico (tarxetas Liss Coombs, tarxetas Enz, etc.).

Orzamento: 9.263.780 ptas.

Garantía provisional: 185.276 ptas.

Lote 2: grupo hemático 1 (tarxetas Abo Rh, tarxetas Fenotipos, etc.)

Orzamento: 4.042.908 ptas.

Garantía provisional: 80.858 ptas.

Lote 3: grupo hemático 2 (tarxetas CD screening, outros grupos, etc.).

Orzamento: 902.214 ptas.

Garantía provisional: 18.044 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades do complexo hospitalario ata o 31 de decembro de 1998.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Calidade dos artigos: 30%.

Servicio técnico do subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 19 de xuño de 1998.

Jesús Caramés Bouzán.

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

6163