Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de 126 camas para o Hospital Provincial de Pontevedra. (SCC.-22/1998). (Lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

1. Subministración: do equipamento de 126 camas para o Hospital Provincial de Pontevedra. (SCC.-22/1998). (Lote único).

2. Orzamento: 24.928.960. pesetas, IVE incluído.

3. Fianza provisional: 498.579 pesetas, IVE incluído.

4. Fianza definitiva: 997.158 pesetas, IVE incluído.

5. Forma de adxudicación: concurso público procedemento aberto polo trámite de urxencia.

6. Prazo de execución: en trinta (30) días.

7. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

10. Criterios de adxudicación:

1º Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2º Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

3º Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4º Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo para o usuario: ata 5 puntos.

11. Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou ser enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

14. Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

6157