Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 7/1998, polo procedemento aberto, para a contratación da obra de reforma da entrada principal, vestíbulo e marquesiña de acceso a este hospital (trámite urxente).

A Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG 88 do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e peri

féricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto e orzamento:

a) Contratación de: realización da obra de reforma da entrada principal, vestíbulo e marquesiña de acceso do Hospital Provincial de Pontevedra.

b) Orzamento: 13.599.904 ptas. (trece millóns cincocentas noventa e nove mil novecentas catro pesetas).

2. Prazo de execución: o prazo de execución será de 60 días máximo iniciándose o seu cómputo o día seguinte ó da comprobación do replanteo, salvo que haxa reserva fundada que impida o seu comezo.

3. Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público, trámite urxente, nº 7/1998.

4. Admisión de variantes: non se admiten variantes. O proxecto básico e de execución da obra está á disposición no Servicio de Subministración e Contratación.

5. Fianza provisional: a contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de duascentas setenta e unha mil novecentas noventa pesetas. (271.990.ptas.)

6. Criterios de adxudicación:

1º Programa e prazo de execución: ata 5 puntos.

2º Obra análoga: ata 4 puntos.

3º Volume executado na Comunidade Autónoma nos últimos 5 anos: ata 4 puntos.

4º Delegado de obra: ata 4 puntos.

5º Control de calidade: ata 4 puntos.

6º Equipo, maquinaria e medios: ata 3 puntos.

7. Solvencia económica: acreditarase segundo o exposto no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

9. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de subministración e contratación administrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Teléfono: 986 80 70 03 e fax: 986 84 79 41).

10. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax

986 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

11. Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario/s do contrato.

Pontevedra, 19 de xuño de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Hospital Provincial

de Pontevedra

6162