Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para o arrendamento sucesivo de impresoras, ordenadores persoais e software de base para o Servicio Galego de Saúde. (S/80-98).

1. Obxecto e orzamento: arrendamento sucesivo de impresoras, ordenadores persoais e software de base para o Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de vinteseis millóns cincocentas trinta e unha mil duascentas pesetas (26.531.200 pesetas, IVE incluído).

Prezos unitarios e consumos estimados:

Prezo unitario por mes e impresora: 3.364 pesetas.

Prezo unitario por mes e PC: 14.900. pesetas.

50 impresoras mímino (25 que se arrendarán no 1998 e 25 no 1999).

100 ordenadores persoais mínimo (25 que se arrendarán no 1998 e 25 no 1999).

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 7.2ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 7.2ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese soli

citar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

6160