Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 289/1997).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición

de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das intalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,182 km con orixe na L.M.T. a C.T. Punta Penencia (expediente 50398) e final no C.T. Fontá, con unha potencia de 100 kVA tipo intemperie, unha rede de baixa tensión de 0,025 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoyos de formigón, e unha rede de baixa tensión de 1,975 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoyos de formigón (expediente 289/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Fraga, Fontá, Moreira e Penencia (concello de Ferrol).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos

para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 28 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 289/1997. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Penencia-Fontá.Concello: Ferrol.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1MalvardePradoElias Miranda RodríguezDoniños, Fontá 95, 15595 Ferrol1498

2MalvardePradoEladio Soto GilDoniños, Fontá 93, 15595 Ferrol18126

3MalvardePradoCelia Gómez RodríguezSocorro 4-1º, 15401 Ferrol1130150

6MalvardePradoEladio Soto GilDoniños, Fontá 93, 15595 Ferrol1130150

7MalvardePradoHros. Gumersindo

Rodríguez

Rta/ Arturo Rodríguez Rodríguez

Doniños, O Coto, Fte. Cooperativa , 15595 Ferrol25250

8MalvardePradoCelia Gómez RodríguezSocorro 4-1º, 15401 Ferrol2242420

12MalvardePradoCelia Gómez RodríguezSocorro 4-1º, 15401 Ferrol36360

13MalvardePradoJuan José Lafuente

Rodríguez

Doniños, Fontá 96, 15595 FerrolC.T.614140

6341