Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso de ideas para a ordenación dun recinto feiral na Coruña.

Obxecto: concurso de ideas para a ordenación dun recinto feiral na Coruña.

Concursantes: os sinalados no prego de bases do concurso.

Inscrición: formalizada en escrito dirixido ó conselleiro de Industria e Comercio, debendo presentalo no rexistro xeral en Santiago de Compostela, antes das 12 horas do décimo quinto día contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Relación de admitidos: acordada pola mesa de contratación, divulgarase dentro do prazo de quince días contados a partir do da terminación da presentación do prazo de solicitudes.

Retirada de documentación: inmediatamente despois da divulgación da relación de admitidos, reco

lléndoa na Dirección Xeral de Comercio e Consumo (Santiago de Compostela).

Prazo de presentación: ata as 12 horas do sesaxésimo día natural a partir da dara de publicación da resolución da mesa de contratación.

Decisión do xurado: antes de transcorridos trinta días desde o remate do prazo de presentación dos traballos.

Bases: poderán recollerse na Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, que ten as súas dependencias sitas no edificio San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela, inmediatamente despois da publicación deste anuncio.

Premios: un primeiro premio de catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.), xuntamente co encargo do desenvolvemento do proxecto básico e de execución e da dirección das obras, tendo a consideración de pagamento a conta de honorarios de tales proxectos; un segundo premio de tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.); un terceiro premio de dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.) e un

cuarto premio dun millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

Importe dos anuncios: o importe dos inseridos no Diario Oficial de Galicia e, se fose o caso, en dous xornais de ampla difusión en Galicia, será por conta dos concursantes premiados.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6176