Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 177/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30

de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidume de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das intalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,378

km con orixe no apoio nº 45 da L.M.T. Campelo-Cantodomouro (expediente 7372) e final no C.T. proxectado Riaña, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,690 km de lonxitude, con orixe no C.T. Riaña con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 177/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Riaña (concello de Valdoviño).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos),

praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 27 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 177/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Riaña.Concello: Valdoviño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2LiñaresBidueirosVictor Taibo CarballoPadre Sarmiento 20, 15005 A Coruña1256896

2/1LiñaresPradoVictor Taibo CarballoPadre Sarmiento 20, 15005 A Coruña2255880

2/2LiñaresMonte baixoVictor Taibo CarballoPadre Sarmiento 20, 15005 A Coruña56464

2/3LiñaresLabradíoVictor Taibo CarballoPadre Sarmiento 20, 15005 A CoruñaC.T.61161856

4ManguelasLabradíoManuel Lema VigoBroño-Lago, 15551 Valdoviño20200

4/1ManguelasMonte baixoManuel Lema VigoBroño-Lago, 15551 Valdoviño3241410

5354