Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A.(Trainasa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, pola representación dos traballadores, con data 14-5-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundio da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Aministración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Realacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Tratamiento Industrial de Aguas, S.A.

Convenio colectivo anos 1998/1999/2000

Normas generales

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ó centro de traballo de Vigo da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A., para o servicio de limpeza e conservación da rede de sumidoiros.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día do seu asinamento. Non obstante, os efectos económicos salariais terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998. A duración do presente convenio será de 3 anos, estendéndose ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ámbalas partes consideran automaticamente denuciado o presente convenio ó termo da súa vixencia, é dicir, o 31-12-2000.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas establecidas no presente convenio abosorben tódalas existentes ata o asinamento deste.

Artígo 5º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para actividade, nivel e categoría se determinan, en relación co contido dos artigos seguintes.

O pagamento da nómina mensual deberá efectuarse o día 25 de cada mes (agás o mes de decembro, que se efectuará o día 22 dese mes), mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 6º.-Salario base.

Ano 1998.

O salario base para o persoal afectado por este convenio é o que se especifica para cada nivel e categoría na táboa salarial anexa.

Ano 1999.

O salario base é o fixado na táboa salarial do ano 1998 incrementado no IPC do ano 1998 máis 1 punto.

Ano 2000.

O salario base é o fixado na táboa salarial do ano 1999 incrementado no IPC do ano 1999.

Artigo 7º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do cinco por cento, e posteriores quinquenios do sete por cento sobre o salario base de cada categoría. Respectaranse os topes establecidos polo Estatuto dos traballadores.

O complemento de antigüidade devengarase desde o 1 de xaneiro do ano en que se teña dereito a cobra-lo dito complemento.

Artigo 8º.-Plus de toxicidade, penosidade e perigosidade.

Establecese un plus por traballos tóxicos, penosos e perigosos, cunha contía que se fixa nun vinte por cento (20%) do salario base en cada categoría. Aplicaráselle ó persoal que realice os traballos de limpeza industrial e de rede de sumidoiros.

Este plus devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 9º.-Utilización de equipos especiais.

Tódolos traballadores do equipo nos que sexa necesario utilizar pistola de máxima presión ou equipo de respiración autónomo ou alimentado polo camión ou grupo comprensor de aire, percibirán un plus de 270 ptas. por hora efectiva traballada.

Os compoñentes do equipo velarán para que se cumpran as medidas de seguridade do traballador que utilice os equipos especiais.

Artigo 10º.a.-Gratificación de actividade e calidade.

Establécese unha gratificación de actividade e calidade de traballo.

Esta gratificación devengarase por día efectivamente traballado.

O equipo de traballo comporano, de acordo co tipo de actividade que se vaia realizar, ben un oficial e dous peóns ou ben un oficial e un peón.

O importe da dita gratificación será de 976 ptas./día para cada un dos compoñentes do equipo formado por dous traballadores e de 597 ptas./día para o equipo formado por 3 traballadores.

Artigo 10º.b.-Gratificación de colaboración.

Tódolos peóns compoñentes dos equipos percibirán a dita gratificación, que terá unha contía de dúas mil trinta e sete (2.037) ptas. mensuais, por mes efectivamente traballado.

Artigo 10º.c.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime a obriga de repor perdas de diñeiro a aqueles traballadores a función dos cales leve implícito o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación ó anterior, aboaráselle a cada un dos xefes de equipo ou responsables desta función, a cantidade de tres mil setecentas oitenta pesetas (3.780) ptas. por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Gratificación de distancia e transporte urbano.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá un complemento extrasalarial denominado gratificación de distancia e transporte urbano por un importe de 635 ptas./día.

Esta gratificación devengarase por día efectivamente traballado.

Así mesmo, percibirase a dita gratificación por cada unha das saídas que se realicen en retén.

Artigo 12º.-Complemento de desprazamento.

O persoal acollido a este convenio percibirá, cando deba realizar traballo fóra do termo municipal de Vigo, un complemento de desprazamento, de carácter extrasalarial, cunha contía de 104 ptas./hora.

Este complemento devengarase por hora efectivamente traballada fóra do concello de Vigo, incluídos os desprazamentos.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán, Nadal e beneficios, serán aboadas a razón dunha mensua

lidade, cada unha, do salario base e maila antigüidade.

A paga extra de verán devengarase do primeiro de xaneiro ó día 30 de xuño.

A paga extra de Nadal devengarase desde o primeiro de xullo ata o 31 de decembro.

A paga de beneficios devengarase desde o primeiro de xaneiro ó 31 de decembro.

Paga Aboamento

Verán24 de xullo

Nadal22 de decembro

Beneficios25 de marzo

As pagas extras devengaranse día a día, non se devengarán nas ausencias inxustificadas nin durante o tempo de baixa por IT, excepto cando a baixa sexa causada por accidente laboral o accidente non laboral grave ou hospitalización durante os primiros seis meses.

Artigo 14º.-Gratificación de nocturnidade.

Os traballadores que deban realiza-la súa xornada laboral en xornada nocturna (entre as vintedúas trinta horas e as seis horas da mañá), recibirán por tal concepto un plus de nocturnidade consistente no trinta por cento (30%) do salario base de cada categoría. Esta gratificación aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

Artigo 15º.-Retén de garda e festivo traballado.

Os sábados, domingos e festivos existirá un retén de garda, que deberá estar disposto e localizable para acudir ó servicio para o que sexa requirido por necesidade de intervención urxente na rede de saneamento público. Este retén estará formado por un conductor e un peón; farase de forma rotativa entre todo o cadro de persoal.

O retén durará desde as vintedúas trinta horas do venres ata as vintedúas trinta horas do domingo.

A prima por este servicio será de 6.500 ptas./día para o ano 1998, de 8.000 ptas./día para o ano 1999 e de 10.000 ptas./día para o ano 2000.

No caso de que o retén supere as 16 horas de traballo efectivo, a prima por este servicio será de 9.360 ptas./día para o ano 1998, de 11.520 ptas./día para o ano 1999 e de 14.400 ptas./día para o ano 2000.

Artígo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 37,5 horas (trinta e sete horas e trinta minutos) semanais, distribuídas segundo o seguinte horario:

Xornada de mañá: de 7.30 horas a 15 horas.

Xornada de tarde: de 15 horas a 22.30 horas.

Xornada de noite: de 22.30 horas a 6 horas.

A xornada será de luns a venres, agás reténs e servicios de urxencia no saneamento público.

Dentro do horario desfrutarase dunha pausa de quince minutos, que todo o equipo realizará simultaneamente.

A totalidade de cadro de persoal rotará por equipos semanalmente as tres xornadas establecidas, facéndose a igualdade posible na rotatividade por categoría en cómputo anual.

Establécense dúas pontes, o seu desfrute será ó 50% do cadro de persoal en catro datas fixadas pola empresa logo de negociación cos traballadores.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e fin de ano (31 de decembro) considéranse, para efectos do artigo 15º deste convenio, como festivos.

Artigo 17º.-Organización do traballo.

Cando se produza a creación dun posto de traballo en calquera categoría, a empresa publicarao no seu taboleiro de anuncios, para coñecemento de todo o persoal.

Na selección dos aspirantes valoraranse os méritos e antigüidade do persoal, segundo o seguinte baremo:

Antigüidade na empresa: 0,2 puntos por ano de servicio ata un máximo de 2 puntos.

Antigüidade por carné de camión: 0,2 puntos por ano de antigüidade do permiso de conducir clase C2 ata un máximo de 2 puntos.

Responsabilidad: ata 1 punto.

Dispoñibilidade no traballo: ata 1 punto.

Capacidade de traballo: ata 1 punto.

Coidado da maquinaria: ata 1 punto.

Imaxe ante o cliente: ata 1 punto.

Presentación de partes: ata 0,5 puntos.

Cultura xeral: ata 0,5 puntos.

Todo o persoal que leve na empresa máis de 12 meses con contrato fixo con categoría de peón, ascenderá automaticamente a peón especialista.

Por necesidades de organización, a empresa poderá trasladar, provisonalmente, os traballadores adscritos a un equipo a outro distinto para efectua-los mesmos labores propios da súa categoría ou outros distintos se isto fose necesario, aboándoselles neste caso a deferencia retributiva.

Do total dos equipos de traballo estarán polo menos tres equipos formados por tres traballadores cada un.

Artigo 18º.-Vacacións.

Todolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de 30 días naturais, que desfrutarán preferentemente no período abranguido entre o primeiro de xuño e o trinta de setembro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo, dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado. Sen embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente ó servicio ou sección ó que estean asigandos.

A restribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade, plus tóxico e gratificación de actividade.

Artigo 19º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas; tamén o día 3 de novembro, San Martiño de Porres, patrono da limpeza. Se cadra non laborale, cambiaríase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con derito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

*17 días naturais en caso de casamento.

*6 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

*6 días naturais en caso de enfermidade grave de fillo ou cónxuxe.

*3 días naturais por nacemento de fillo.

*3 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

*1 día por traslado de domicilio.

*1 día para renovación de permiso de conducir (logo de aviso de 72 horas).

*2 días naturais por enfermidade grave de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante debéndose desfrutar ó producirse este.

O non recollido neste artigo rexerase polas demais normas vixentes aplicables.

Artigo 21º

-Anticipos reintegrables e fondo social.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables, que serán concedidos discrecionalmente pola dirección da empresa.

A forma de amortización será:

*Unha mensualidade que se amortizarán en doce meses.

*Dúas mensualidades que se amortizarán en vintecatro meses.

A empresa destinará a este fin a cantidade de 650.000 pesetas.

Considéranse incluídas no fondo as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

-Fondo social.

Créase un fondo social destinado a formación, asistencias, etc. con destino a tódolos traballadores que teñan unha antigüidade mínima recoñecida dun ano na empresa.

O importe será:

Para o ano 1998: 550.000 ptas.

Para o ano 1999: 575.000 ptas.

Para o ano 2000: 600.000 ptas.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas vixiando a distribución destes fondos e a contía que se aplicará en cada caso.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal a necesaria e habitual roupa de traballo, quedando determinada a súa entrega na seguinte forma:

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Pantalón: 4 ó ano.

-Xersei: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade 2 pares ó ano (bota ou zapato).

-Anorac: 1 cada ano.

-Chaqueta curta: 4 ó ano ou 2 xerseis.

-Canguro: 2 ó ano.

-Roupa de auga: cando o posto de traballo así o requira.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga de seguridade: 1 par ó ano.

-Pucha: 2 ó ano.

Será obrigatoria a utilización da roupa de traballo durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeira quincena de maio para a roupa de verán e a segunda quincena de setembro para a roupa de inverno.

Artigo 23º.-Seguro de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 2,5 millóns de esetas.

b) En caso de incapacidade laboral permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 3 millóns de pesetas.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

Ámbalas partes conveñen na necesidade de dotarse dun instrumento pactado de mobilidade xeográfica que facilite a ordenación racional dos recursos humanos da empresa.

Ó persoal acollido ó presente convenio poderá ser destinado fóra do termo municipal de Vigo; neste caso percibirá os complementos establecidos ó respecto.

Ó persoal que, por necesidades da empresa, teña que xantar ou cear fóra do seu domicilio, aboaráselle a cantidade de mil novecentas cincuenta pesetas (1.950) por cada unha das comidas que se vexa obrigado a realizar fóra de casa.

No caso de que fose necesario efectua-las comidas fóra do termo municipal de Vigo aboaranse dúas mil setecentas pesetas (2.700) por cada comida.

No caso de que, por obriga do traballo que se vai efectuar, se deba pasa-la noite fóra do domicilio habitual, aboaráselle unha axuda de custo de aloxamento por importe e tres mil nvecentas pesetas (3.900).

As melloras pactadas serán de aplicación a partir da data do asinamento do convenio colectivo.

Artigo 25º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT, derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e gratificación de actividade e calidade.

Do mesmo xeito, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e plus de actividade e calidade, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar de forma que faga fe para xera-lo dereito a este complemento.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores, durante a situación de IT e desde o vixésimo primeiro día a diferencia entre as prestación da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade, toxicidade e plus de actividade e calidade.

Artigo 26º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, con ou sen a categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirase provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodarao noutro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectaralle a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ó remate da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa de retirada do permiso de conducir se deba a conducción temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 27º.-Seguridade e hixiene.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes na prevención de accidentes, engádese este capítulo.Considerando ámbalas partes a obriga e aplica-la lexislación sobre seguridade e hixiene vixente, así como a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, para este efecto, a dirección e a representación legal dos traballadores velará polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias.

Todo traballador será recoñecido, polo menos, unha vez ó ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible para el.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar de traballo, das instalacións e medios que pon á disposición dos traballadores.

Estas medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, quedando obrigados a traballar cos medios facilitados así como coidar que os locais e instruementos de traballo estean en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento da dirección da empresa as anomalías que se detecten para que esta adopte as medidas oportunas.

Artigo 28º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes por cotas sindicais.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vai executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa.

Artigo 30º.-Comisión mixta intepretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria, que estará constituída por 2 (dous) representantes designados polos traballadores e 2 (dous) pola dirección da empresa.

Polo menos un dos representantes da dirección da empresa e da representación dos traballadores deberá ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 31º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, observarase o que dispoña o Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Cláusula adicional

As empresas contratadas para realiza-la limpeza da rede de sumidoiros do concello de Vigo quedarán obrigadas a tomar ó seu cargo, mediante subrogación dos contratos de traballo, especificamente o persoal de Trainasa, que antes do 1-7-1991 figuraba adscrito á empresa Construcciones y Contratas, S.A. (anterior prestataria desta función para a empresa municipal de abastecemento e saneamento de augas de Vigo).

Para efectos da aplicación do apartado anterior, transcríbese a relación do persoal afectado, na que se especifica, ademais do nome e apelidos, a categoría profesional e a data de ingreso na empresa Construcciones y Contratas, S.A. Transcribése, así mesmo, copia do artigo 1º do convenio colectivo que estaba vixente o 1-7-1991.

Nome

Categoría profesionalData de

ingreso en CYC

Francisco Javier Suárez GonzálezXefe de servicio1-12-1986
Juan Carlos González MonteroPeón especialista11-3-1985
Jesús Rivero TaboadaPeón especialista16-4-1985
Ramón López BarrosPeón especialista16-4-1985
Luis González PérezOficial primeira11-4-1985
Juan Domingo Vidal SangabrielOficial primeira22-4-1985
Alfonso Sanmartín CaamañoPeón especialista13-1-1986
José Ramón Montaña ValiñoPeón especialista19-1-1987
José Luis Seoane CostayaPeón especialista26-5-1987
Carlos Rocha LoresPeón especialista19-10-1987
Manuel Paradela OteroOficial primeira19-1-1987
Alejandro Carballeira CardaldaOficial primeira13-10-1986
José Luis Lage AlonsoPeón especialista22-8-1988
Abelardo López LópezPeón especialista29-8-1989

Táboa salarial

Ano 1998Ano 1999Ano 2000

Encargado de sector
Salario base282.378 ptas./mesIPC+1IPC

Oficial 1ª conductor
Salario base106.087 ptas./mesIPC+1IPC
Horas extras normais1.4501.7002.000
Horas extras festivas1.6002.0002.500

Peón especialista
Salario base100.764 ptas./mesIPC+1IPC
Horas extras normais1.4001.6001.900
Horas extras festivas1.5001.9002.400

Peón
Salario base95.818 ptas./mesIPC+1IPC
Horas extras normais1.4001.6001.900
Horas extras festivas1.5001.9002.400

Copia do artigo 1º do convenio colectivo que estaba vixente o 1-7-1991:

Ámbito territorial e funcional.-O presente convenio regulará as condicións de traballo da empresa Construcciones y Contratas, S.A., co seu persoal adscrito ós servicios de recollida de lixo e limpeza viaria que a empresa ten concertada co Concello de Vigo. Así mesmo, o presente convenio será tamén de aplicación ó persoal adscrito ó servicio de limpeza da rede de sumidoiros da cidade de Vigo.

Se algún dos servicios mencionados deixan de prestarse pola non renovación da concesión administrativa, os traballadores adscritos a el serían absorbidos pola nova empresa adxudicataria respectándoselle-las súas condicións laborais e económicas, conforme coa lei vixente.

Disposición derradeira

Son partes asinantes do presente convenio colectivo:

-Da parte económica:

José Luis García Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

Francisco Javier Suárez González.

-Pola parte social:

Luis Lage Alonso.

Luis González Pérez.

Alejandro Carballeira Cardalda.

Serafín Pérez Armesto.

Acta derradeira

Reunidos na sede social da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. centro de traballo en Vigo, sita na r/ Uruguai 11, a comisión negociadora do convenio colectivo composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio que se xunta, e en proba de conformidade, asinan a presente acta en Vigo o 14 de maio de 1998.

-Pola parte económica:

José Luis García Ibáñez.

Andrés F. Mariño Vilar.

Francisco Javier Suárez González.

Luis de Francisco Fronteriz.

-Pola parte social:

Luis Lage Alonso.

Luis González Pérez.

Alejandro Carballeira Cardalda.

Serafín Pérez Armesto.

6201