Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.428

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde determinan, en grande medida, a calidade dos servicios sanitarios dispensados ós usuarios.

Neste sentido, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para, pola vía da capacitación dos profesionais, mellorar e adecua-los servicios sanitarios ás demandas dos usuarios.

Para tal fin, xa en anos anteriores foron aprobados e executados, no marco do acordo de formación continua das administracións públicas, os plans de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Os citados plans tiveron un alto grao de participación e aceptación por parte dos profesionais receptores, abranguendo a totalidade das profesións sanitarias que desenvolven os seus servicios neste organismo.

Xa que logo, cómpre continuar co presente plan na liña de actuación seguida, na procura de completa-los aspectos formativos máis relevantes xa principiados no seu devir nos anteriores exercicios, e incidir en materias novas de notoria e notable relevancia no marco da asistencia sanitaria.

A organización e execución de toda a actividade docente incluída nos ditos plans era levada a cabo, ata o de agora, polos distintos centros de atención primaria e de atención especializada do organismo baixo a coordinación da súa División de Recursos Humanos.

Sen embargo, trala creación polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997 da Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), que ten como finalidade primordial a formación continua e o perfeccionamento técnico de todo o persoal do Servicio Galego de Saúde, asinouse entre este organismo e a escola un convenio de colaboración a través do que a organización, xestión e execución de toda a actividade docente incluída nestes plans de formación continua corresponde á escola, quedando reservada para a División de Recursos Humanos a negociación coas organizacións sindicais do contido do plan, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos participantes nos distintos cursos de formación. Por último, o pro

pio convenio prevé que a súa convocatoria sexa conxunta entre ámbalas dúas institucións.

Por todo isto e coa finalidade de darlle á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, a División de Recursos Humanos, unha vez aprobado o plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 1998, logo do informe das centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT e CSI-CSIF, xunto coa Escola Galega de Administración Sanitaria, resolven facer pública a convocatoria para participar nos cursos que figuran no anexo I, que deberá resolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e que cumpra os requisitos esixidos para cada curso.

Segunda.-Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la solicitude cuberta no modelo normalizado segundo o anexo II, na que constará, necesariamente, o informe expedido polo director de Xestión e Servicios Xerais da institución sanitaria da que dependa ou, no seu defecto, do órgano competente en materia de persoal. A antigüidade ou servicios prestados no sistema nacional de saúde serán acreditados mediante certificación independente, que deberá xuntarse á solicitude.

II. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 14 de agosto de 1998.

III. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso. Non obstante, de opta-lo aspirante por presenta-la dita documentación noutra institución de conformidade co artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a institución receptora remitiralle a dita documentación ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso solicitado.

IV. Naqueles cursos que conten con varias edicións, presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

Terceira.-Selección.

I. De existiren máis solicitudes ca prazas, os criterios selectivos para participar nas accións formativas serán, por esta orde, os seguintes:

1. Ser destinatario, de conformidade co establecido no anexo I para cada curso.

2. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante no desempeño do seu posto actual e o contido básico e obxectivos do curso.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes ca prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou como interino en vacante e, en segundo lugar, os profesionais con nomeamento ou contrato temporal vixente na data de publicación desta resolución.

4. De existiren, aínda, un número maior de solicitudes ca prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no sistema nacional de saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

III. Nas institucións sanitarias responsables da execución dunha ou varias accións formativas procederase á constitución dunha comisión paritaria de baremación das solicitudes presentadas, na que estarán presentes representantes da institución e das centrais sindicais asinantes do plan.

Cuarta.-Publicación das listas de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e trala baremación correspondente, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e nos de tódolos centros de xestión, tanto de atención primaria como de atención especializada, as listas de aspirantes admitidos.

Quinta.-Certificación de asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia superior ó 15% das horas lectivas ou ben a ausencia inferior ó 15% non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

O dito certificado ou diploma acreditativo será expedido pola División de Recursos Humanos do Sergas e pola Dirección da Escola Galega de Administración Sanitaria.

Sexta.-Modificacións.

I. A División de Recursos Humanos, a través da Escola Galega de Administración Sanitaria, poderá modifica-los contidos e desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Así mesmo, as datas e horarios previstos no anexo I para cada unha das actividades formativas poderán ser modificadas por cuestións organizativas. En tal suposto, notificaráselle-lo cambio de xeito individual ós participantes seleccionados con anterioridade ó comezo do curso.

II. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas,

a División de Recursos Humanos e a Escola Galega de Administración Sanitaria reservarán para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sétima.-Financiamento.

En razón dos fondos cos que se financian estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Oitava.-Información.

Durante o prazo de presentación de solicitudes os interesados poderán solicitar información á Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) no teléfono 981 56 34 00, de luns a venres, en horario de 8 a 15.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

Valeriano Martínez GarcíaJavier Bouzada Romero

Director xeral da DivisiónDirector da Escola Galega

de Recursos Humanos dode Administración Sanitaria

Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

1. Denominación: xestión clínica.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: responsables de servicios médicos de atención primaria e especializada.

Obxectivos: consegui-lo equilibrio entre a xestión clínica baseada na evidencia e a que se apoia nos indicadores de xestión.

Contidos: difusión dos mecanismos e ferramentas utilizadas. Metodoloxía para a lectura crítica dun ensaio clínico. Avaliación diagnóstica. Posibilidades e limitación. Medida do esforzo clínico para obte-lo resultado desexado. Guía práctica: o consenso cara á evidencia científica.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital Meixoeiro1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro17 a 2135

X.A.P. de Lugo1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro17 a 2135

2. Denominación: ética clínica e consentimento informado.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: proporciona-los coñecementos teóricos básicos e inicia-la adquisición das habilidades prácticas necesarias para identificar, analizar e resolver problemas éticos na toma de decisións clínicas.

Contidos: concepto, orixe e contidos da bioética. Metodoloxía e procedemento de toma de decisións en ética clínica; principios de bioética. Consentimento informado como proceso de mellora da calidade da relación clínica. Práctica: aplicación da metodoloxía á análise de casos clínicos.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H.U. de Santiago de Compostela2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de novembro17 a 20.3035

3. Denominación: infeccións en cirurxía e instrumentación.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo que realiza actividades cirúrxicas nas institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: amplia-los coñecementos sobre as infeccións cirúrxicas: orixe, prevención e control.

Contidos: infeccións en cirurxía: epidemioloxía e control. Infeccións de catéteres: epidemioloxía e control. Infeccións relacionadas con outras instrumentacións. Impacto económico no noso sistema de saúde.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos28, 29, 30, 31 de setembro; 1 e 2 de outubro16 a 2025

4. Denominación: curso de terapéutica antibiótica hospitalaria.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: introduci-los alumnos no manexo racional de antibióticos no ámbito hospitalario e coñece-los diversos protocolos existentes. Adquiri-los coñecementos teóricos necesarios e relacionalos coas diferentes patoloxías infecciosas.

Contidos: introducción á microbioloxía. Introducción á farmacoloxía. Principais grupos de antibióticos. Asociacións e sinerxias. Manexo do antibiograma. Antibióticos en patoloxías específicas. Profilaxe antibiótica. Pautas hospitalarias.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Cíes17, 19, 23, 25 e 27 de novembro17 a 2135

5. Denominación: curso de intepretación de probas diagnósticas de laboratorio.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo especialista de atención primaria e especializada.

Obxectivos: coñece-la interpretación das probas analíticas de laboratorio, límites e indicacións, e poñer en marcha protocolos diagnósticos estructurados que permitan o uso racional das probas diagnósticas.

Contidos: marcadores tumorais. Inmunoloxía. Seroloxía. Técnicas de proteínas. Bioloxía molecular. Hormonoloxía e probas funcionais. Microbioloxía e parsitoloxía. Bioquímica xeral e niveis de fármacos. Patróns e perfís diagnósticos.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Cíes2, 4, 6, 9, 11 de novembro17 a 2135

6. Denominación: curso básico de medicina paliativa.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: introduci-los alumnos no manexo racional de antibióticos no ámbito hospitalario e coñece-los diversos protocolos existentes. Adquiri-los coñecementos teóricos necesarios e relacionalos coas diferentes patoloxías infecciosas.

Contidos: introducción ós coñecementos básicos de medicina paliativa. Aprendizaxe de diferentes aspectos do manexo do paciente terminal.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Cíes14, 16, 19, 21, 26 de outubro17 a 2135

7. Denominación: curso de intepretación radiolóxica.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: coñece-los patróns radiolóxicos máis frecuentes para o seu emprego na práctica médica, así como as indicacións e limitacións das diferentes técnicas de radiodiagnóstico.

Contidos: patróns radiográficos elementais. Técnicas de imaxe de uso frecuente. Radioloxía de tórax. Novas fronteiras en radioloxía dixestiva. Urorradioloxía. Radioloxía de ósos. Ecografía de urxencias. Novas técnicas de imaxe.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. de Lugo2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13 de novembro17 a 2035

8. Denominación: dereitos e deberes dos usuarios. consentimento informado.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: facultativos especialistas e enfermeiras de atención especializada.

Obxectivos: o segredo profesional. A historia clínica, profesionais con acceso directo a ela. Consideracións xurídicas do consentimento informado. Consecuencias do incumprimento do consentimento informado. Protocolos. Dereitos e deberes dos usuarios, contido xeral.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital Montecelo16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2125

9. Denominación: urxencias neurolóxicas.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: mellora-la capacidade dos participantes na atención das situacións médicas de referencia.

Contidos: tratamentos e actuacións ante urxencias neurolóxicas.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital da Costa-Burela16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

10. Denominación: R.C.P. básica e avanzada en pediatría.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: médicos xerais e facultativos especialistas en pediatría.

Obxectivos: mellora-la capacidade das técnicas de reanimación.

Contidos: causas, resucitación. Fármacos de reanimación, situacións límite, etc.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital da Costa-Burela4, 5 de decembro9 a 2120

11. Denominación: manexo de base de datos bibliográficos Medline, CD-ROM.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: médicos xerais, facultativos especialistas e persoal sanitario non facultativo.

Obxectivos: forma-los participantes na comprensión da estructura de base de datos e sistemas de acceso á información científica.

Contidos: recuperación da información. Sistemas manuais. Utilización de Tesauro. Índices permutados. Sistemas automatizados. Soportes ópticos CD-ROM. Estratexias de busca. Utilización de descritores. Medline, science, citatun, index, csic. Busca on line. O acceso ó documento orixinal. Catálogos colectivos de publicacións periódicas. Introducción de sistemas

internacionais de conexión en rede. Utilidades de Internet na medicina hospitalaria. Conexión interhospitalaria.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital Comarcal de Monforte1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 de outubro17 a 2125

12. Denominación: as urxencias hospitalarias. A súa influencia na dinámica do hospital.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

Obxectivos: coñece-lo impacto do servicio de urxencias no funcionamento do hospital. Optimiza-las decisións clínicas.

Contidos: estructuras físicas do servicio de urxencias. Xestión de urxencias con base no CMBD. Síndromes clínicas máis frecuentes.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital do Meixoeiro5, 7, 13, 14, 19, 21, 26, 28 de outubro; 2, 4, 9, 11, 16, 18 de novembro16 a 1925

13. Denominación: coidados paliativos.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria.

Obxectivos: aumenta-lo coñecemento dos profesionais de atención primaria no seguimento integral de pacientes con cancro e con outras patoloxías que requiren tratamentos agresivos.

Contidos: epidemioloxía do cancro en Galicia. Aprendizaxe e mellora dos coñecementos sobre o paciente con cancro. Diagnóstico -tratamento inicial- seguimento. Actualización nalgunhas pautas terapéuticas frecuentes. Cancro de mama, pulmón, cólon, pel. Efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos e coidados desde atención primaria. Protocolo de seguimento. Alimentación. Fisioterapia. A familia.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)26, 27, 28, 29, 30 de outubro; 2, 3, 4, 5, 6 de novembro16 a 2030

14. Denominación: selección e interpretación de probas diagnósticas de laboratorio en atención primaria.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria.

Obxectivos: actualizar coñecementos en relación coas indicacións e interpretación das probas de laboratorio de uso habitual en atención primaria.

Contidos: o clínico e o laboratorio. Hemacías, leucocitos e plaquetas. Enfoque do paciente con VSG elevada. Electrólitos. Dislipemias. Estudio do paciente con alteracións nas probas hepáticas. O laboratorio na enfermidade alérxica. O laboratorio nas enfermidades reumáticas. O laboratorio nas enfermidades neoplásicas. O laboratorio en diagnóstico das enfermidades infecciosas. Test de enfermidade tiroidea. Laboratorio e tuberculose.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 de setembro; 13, 14, 15 de outubro17 a 2035

15. Denominación: saúde mental en atención primaria.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria.

Obxectivos: aumenta-los coñecementos sobre os problemas da saúde mental máis frecuentes en atención primaria.

Contidos: psicopatoloxía básica. Equivalentes suicidas e depresións enmascaradas. Clínica psicosomática. Psicofarmacoloxía básica. Abordaxe psicofarmacolóxica dos cadros máis frecuentes en atención primaria. Psicoterapia en atención primaria: terapia de apoio, psicoanálise, terapia de conducta, psicoterapia non convencional, terapia familiar. Estructura e organización dos servicios de saúde mental de área. Relacións con primaria como piar básico. Análise psicodramática (role playing) de casos e situacións de difícil manexo polos membros do grupo.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 de decembro16 a 2130

16. Denominación: planificación, protocolos e medicina baseada na evidencia.

Horas da actividade formativa por edición: 25.

Destinatarios: persoal sanitario facultativo e enfermeiras/os de atención primaria.

Obxectivos: obter coñecementos básicos de planificación, protocolos e o seu uso clínico e medicina baseada na evidencia.

Contidos: planificación, protocolos e o seu uso clínico, medicina baseada na evidencia.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. de Lugo5, 6, 7, 8, 13, 14, 15 de outubro17 a 2135

17. Denominación: enfermería clínica e relación de axuda.

Horas da actividade formativa por edición: 160.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención especializada.

Obxectivos: establecer criterios claros respecto á natureza das actuacións de enfermería. Determinar e defini-los campos de acción na práctica profesional. Potencia-los procesos de desenvolvemento persoal e profesional, adaptándoos ós sistemas de saúde.

Contidos: sistemas de saúde; as prestacións de enfermería e o seu impacto práctico dentro do sistema de saúde; comprensión da natureza do ser humano como núcleo e obxecto de atención nos coidados de enfermería. Educación, cultura, sociedade, ambiente e hábitat como factores de incidencia na saúde e dessenvolvemento do benestar da persoa. Indicadores de saúde.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Sta. María Nai-Cabaleiro Goás2, 3, 4, 15, 16, 17, 30 de setembro; 1, 2, 26, 27, 28 de outubro; 4, 5, 6, 23, 24, 25 de novembro; 17, 18 de decembro9 a 13

15 a 19

35

Hospital do Meixoeiro20, 22, 27, 29 de outubro; 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26 de novembro; 1, 3 de decembro16 a 1935

18. Denominación: planificación de coidados e diagnósticos de enfermería.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención especializada.

Obxectivos: adquiri-las habilidades necesarias para a aplicación dunha metodoloxía científica nos coidados de enfermería. Desenvolver unha terminoloxía de enfermería que recolla as actividades e promova o coñecemento e utilización dos diagnósticos de enfermería.

Contidos: teorías, tendencias e modelos conceptuais de enfermería na aplicación práctica dos coidados. Estandarización dos coidados. Estructura da planificación dos coidados. Definición dos problemas interdependentes e dependentes. Criterios de priorización. Técnicas de obtención de datos.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Calde7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 de setembro16 a 2035

Hospital Comarcal de Monforte5, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 de outubro16.30 a 21.3035

C.H. Xeral-Cíes16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

Hospital Comarcal de Valdeorras19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de outubro17 a 2135

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza7, 8, 9, 10, 11 de decembro9 a 13

16 a 20

35

19. Denominación: metodoloxía do traballo do enfermeiro en atención primaria.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención primaria.

Obxectivos: defini-las principais etapas na constitución dunha disciplina científica e relacionadas co desenvolvemento da enfermería. Identifica-lo obxecto do coñecemento e servicio do enfermeiro. Déficit do autocoidado e as relacións entre eles.

Contidos: ¿Que é a enfermería?. A teoría práctica da enfermería. O método clínico en enfermería O.P.A.E. Aplicación da teoría e o método ós enfermeiros en situacións específicas de saúde. Definición do servicio e producto enfermeiro. Investigación na enfermería: organización.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. de Ourense19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de outubro17 a 2130

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de outubro17 a 2130

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13 de novembro17 a 2130

X.A.P. de Lugo19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de outubro17 a 2130

20. Denominación: metodoloxía de calidade nos coidados de enfermería.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras/os e auxiliares de enfermería de atención especializada.

Obxectivos: adquiri-los coñecementos para desenvolve-las actividades de mellora e control da calidade asistencial nos coidados de enfermería.

Contidos: concepto de calidade. Definición do proceso. Metodoloxía xeral do control de calidad. Métodos de identificación e priorización de problemas. Análise, estructura e proceso de control de calidade. Avaliación de resultados e estratexias para o cambio.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos2, 3, 4, 5, 6 de novembro16 a 2135

C.H. Xeral-Calde21, 22, 23, 24, 25, 26 de setembro16 a 2135

Hospital Comarcal de Monforte19, 20, 21, 22, 23, 24 de outubro18.30 a 21.3035

C.H. Cristal-Piñor19, 20, 21, 22, 23 de outubro16 a 2135

Hospital Provincial de Pontevedra26, 27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5, 9, 10 de novembro17 a 2035

21. Denominación: coidados de enfermería na saúde mental.

Horas da actividade formativa por edición: 25.

Destinatarios: enfermeiras/os e auxiliares de enfermería de unidades de saúde mental e enfermeiras/os e auxiliares de unidades de hospitalización.

Obxectivos: unificar criterios de coidados nos enfermos cunha alteración na súa saúde mental.

Contidos: concepto de depresión: epidemioloxía e etiopatoxenia clínica. Diagnóstico diferencial e formas clínicas da depresión. Conducta suicida. Depresión do enfermo con dor crónica. Coidados dos enfermos con conductas especiais. Actitudes do persoal.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Calde19, 20, 21, 22, 23 de outubro16 a 2135

Hospital Montecelo9, 10, 11, 12, 13 de novembro16 a 2035

22. Denominación: psicomotricidade e facilitación neuromuscular propioceptiva.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: fisioterapeutas de atención primaria e especializada do Sergas.

Obxectivos: consegui-la aplicación dun método adecuado para a recuperación neuromuscular do paciente cunha alteración neurolóxica.

Contidos: concepto neurofisiolóxico en relación á súa integración cerebral. Patróns de movemento de F.N.P. aplicables a pacientes con mobilidade deficitaria.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza23, 24, 25 de outubro; 20, 21, 22 de novembro9 a 13

16 a 20

40

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos16, 17, 18 de outubro; 6, 7, 8 de novembro9 a 14

16 a 21

40

23. Denominación: fisioterapia respiratoria.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: fisioterapeutas.

Obxectivos: forma-lo fisioterapeuta nas diversas técnicas de fisioterapia respiratoria, a súa aplicación e selección nos procesos bronco-pulmonares e cardio-respiratorios.

Contidos: revisión da fisioloxía respiratoria. Indicacións xerais e finalidade da fisioterapia respiratoria. Mecanismos da respiración. O diafragma e a súa dinámica. Interpretación radiolóxica. Técnicas dos exercicios respiratorios de expansión. Hixiene bronquial; técnicas. Aplicación das técnicas de fisioterapia respiratoria en EPOC; protocolos. Modelos de resolución de problemas.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital Montecelo20, 21 de novembro; 4, 5 de decembro9 a 14

15 a 20

20

24. Denominación: inmunohistoquímica.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: técnicos especialistas en anatomía patolóxica, preferentemente. De existiren máis prazas, persoal sanitario non facultativo que actualmente traballe no servicio de anatomía patolóxica e teña, polo menos, dous anos de experiencia no dito servicio.

Obxectivos: coñece-la adecuada manipulación e realización das mostras biolóxicas e citolóxicas.

Contidos: citoloxía. Mostras por conxelación. Tecido parafinado: fixación, inclusión, tratamento de portaobxectos. Principios fundamentis da técnica de inmunohistoquímica.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos19, 20, 21, 22, 23 de outubro16.30 a 20.3025

25. Denominación: laboratorio clínico. Metodoloxía organizativa.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: técnicos especialistas en laboratorio.

Obxectivos: ampliar coñecementos dos profesionais en relación cos fundamentos das técnicas que se realizan nos laboratorios.

Contidos: organización do laboratorio. Recepción, manipulación e conservación de mostras. Circuítos de mantemento do material. Técnicas automatizadas e manuais. Controis de calidade. Microscopio: manexo e coidado.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos9, 10, 11, 16, 17, 18 de novembro16 a 2135

Hospital do Meixoeiro1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24, 29, 30 de setembro; 1 de outubro16 a 1835

26. Denominación: radioloxía de urxencias.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: técnicos especialistas en radiodiagnóstico.

Obxectivos: ampliar coñecementos en relación coas diferentes técnicas radiolóxicas que se lles realizan ós pacientes procedentes do servicio de urxencias.

Contidos: introducción á radioloxía. Tipo de pacientes urxentes e diferentes técnicas que se lles aplican. Mobilización de pacientes para a exploración radiolóxica urxente. Coñecementos sobre R.C.P. básica. Actuación ante unha situación urxente.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos13, 14, 15, 16 de outubro16 a 2130

C.H.U. de Santiago de Compostela21, 22, 23, 24, 25 de setembro16.30 a 20.3030

27. Denominación: fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: auxiliares de enfermería de atención especializada.

Obxectivos: adquirir coñecementos, aptitudes e habilidades necesarias para a prestación de coidados de enfermería.

Contidos: teoría e práctica dos coidados de enfermería. Conceptos xerais. Metodoloxía para a intervención directa de enfermería. Métodos e técnicas para a atención das necesidades máis relevantes do enfermo e familia. Coidados de enfermería: un traballo en equipo.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Calde7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16 de setembro16 a 2035

C.H. Xeral-Cíes28, 29, 30 de setembro; 1, 2, 5, 6 de outubro17 a 2135

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza9, 10, 11, 12, 13 de novembro9 a 13

16 a 18

35

28. Denominación: curso de atención ó ancián en atención primaria.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: médicos xerais e enfermeiras/os de atención primaria.

Obxectivos: revisión e coñecemento das especiais características da poboación anciá e das súas necesidades de saúde, tanto das sentidas e demandadas como das ocultas. Valoración do ancián de risco. Sistematización da atención domiciliaria.

Contidos: valoración xeriátrica. Factores de risco. Prevención en xeriatría. Farmacoterapia en anciáns sans. Síndromes xeriátricas: 1. Caídas 2. Inmobilidade 3. Deterioración cognitiva e alteracións sensoriais 4. Incontinencia 5. Úlceras por presión. Atención domiciliaria. Educación sanitaria en anciáns e os seus coidadores.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. de Ourense9, 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19, 20 de novembro17 a 2135

X.A.P. de Santiago de Compostela23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

29. Denominación: coidados paliativos e alternativas ó tratamento da dor.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención primaria e especializada.

Obxectivos: desenvolver habilidades de relación de axuda coa persoa enferma en fase terminal e o seu contorno familiar.

Contidos: dificultades e problemas principais das personas cunha enfermidade irreversible. Coidados paliativos. Mecanismos de defensa que entran en funcionamento nunha enfermidade mortal. Definicións e clasificación da dor. Fisioloxía. Comportamento ante a dor. Revisión farmacolóxica. Axuda á persoa a afrontar unha morte digna.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Calde21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30 de setembro; 1, 2 de outubro16 a 2035

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza23, 24, 25, 26, 27 de novembro9 a 13

16 a 20

35

30. Denominación: «Coidar dos que coidan» ou como traballar con familiares coidadores.

Horas da actividade formativa por edición: 20.

Destinatarios: traballadores sociais de atención primaria e atención especializada.

Obxectivos: facilitar ferramentas co fin de que os profesionais, desde os diversos servicios de atención socio-sanitaria, coiden os que coidan de forma eficaz e eficiente.

Contidos: a detección dos familiares coidadores. Diagnóstico e prognóstico no apoio ós familiares. O soporte como capacitación do coidador familiar. O repertorio de recursos.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. de Lugo19, 20, 21 de novembro16.30 a 21.3035

X.A.P. de Santiago de Compostela21, 22, 23 de outubro9 a 14

17 a 20

35

31. Denominación: educación sanitaria.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención primaria.

Obxectivos: mellorar e amplia-la oferta de servicios ós usuarios do Sergas. Coñece-las características das principais técnicas educativas empregadas na saúde.

Contidos: conceptos xerais. Estratexias e modificación dos hábitos. Traballo con grupos ou equipos. Comunicación en saúde.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. da Coruña21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 de setembro17 a 2135

X.A.P. de Santiago de Compostela7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 27 de setembro17 a 2135

X.A.P. de Lugo13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22 de outubro17 a 2135

X.A.P. de Ourense26, 27, 28, 29 de outubro; 2, 3, 4, 5 de novembro17 a 2135

X.A.P. de Pontevedra9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19 de novembro17 a 2135

32. Denominación: bioética nos coidados de enfermería. Consentimento informado.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras/os das unidades de hospitalización de atención especializada.

Obxectivos: utiliza-los principios éticos e deontolóxicos no desenvolvemento da actividade profesional. Coñece-la implicación das enfermeiras no consentimento informado.

Contidos: ética profesional. Deontoloxía e bioética: aspectos xerais. Problemas éticos ante o enfermeiro. Casos especiais. Código deontolóxico de enfermería. O consentimento informado.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H.U. de Santiago de Compostela16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 de novembro17 a 2135

33. Denominación: desenvolvemento de habilidades directivas de enfermería.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: directores e subdirectores de enfermería de atención primaria e especializada.

Obxectivos: aporta-las habilidades necesarias para utiliza-la D.P.O. e o deseño estratéxico das organizacións. Desenvolver habilidades para integra-las políticas xerenciais nos modelos de unidades. Consolidar habilidades de xestión para integra-las políticas de recursos humanos.

Contidos: concepto de D.P.O. Habilidades para participar no deseño estratéxico da organización. Deseño de plans de actuación. Deseño de políticas e programas de calidade e formación.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza5, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 16 de outubro17 a 2135

34. Coidados de enfermería en atención especializada.

Horas da actividade formativa por edición: 25.

Destinatarios: enfermeiras/os de atención especializada.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

Hospital da Costa-Burela16, 17, 18, 19, 20 de novembro16.30 a 20.3035

35. Denominación: técnicas administrativas propias das unidades asistenciais de atención primaria.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais que actualmente presten servicios en unidades de atención primaria.

Obxectivos: mellora-las técnicas de xestión de arquivos, desenvolver novas habilidades no trato co usuario e o persoal. Desenvolve-las técnicas adecuadas para a comunicación e información. Mellora-los coñecementos informáticos básicos. Nocións de procedemento administrativo.

Contidos: control da documentación, xestión de arquivo de historias clínicas, correspondencia oficial, notas interiores, oficios, saúdos, memorias, corrección de erros lingüísticos, normas de presentación, estatística de actividade. Subministracións: tramitación, recepción e almacenamento, tramitación da tarxeta sanitaria, nocións básicas de procedemento administrativo común. Iniciación a Windows.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

X.A.P. da Coruña-Ferrol (A Coruña)21, 22, 23, 24, 25 de setembro17 a 2135

X.A.P. de Santiago de Compostela5, 6, 7, 8, 9 de outubro17 a 2135

X.A.P. de Lugo19, 20, 21, 22, 23 de novembro17 a 2135

X.A.P. de Ourense19, 20, 21, 22, 23 de novembro17 a 2135

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Pontevedra)30 de novembro; 1, 2, 3, 4 de decembro17 a 2135

X.A.P. de Pontevedra-Vigo (Vigo)16, 17, 18, 19, 20 de novembro17 a 2135

36. Denominación: técnicas de traballos administrativos.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: persoal administrativo e auxiliar administrativo de atención especializada.

Obxectivos: mellora-la calidad dos servicios e adaptación ás novas necesidades dos hospitais.

Contidos: organización do traballo e planificación de prioridades. Elaboración e redacción de documentos administrativos, cartas, informes, actas, saúdos, memorias, etc. Corrección de erros lingüísticos. Control de documentación. Organización e manexo de arquivos. Rexistros. Comunicación e información. Estatística de actividades. Subministracións. Nocións básicas de procedemento administrativo común.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 de setembro17 a 2135

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 de setembro17 a 2135

C.H. de Santiago de Compostela5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 de outubro17 a 2135

C.H. Xeral-Calde2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 de novembro17 a 2135

Hospital Comarcal de Monforte19, 20, 21, 22, 23, 26, 27 de outubro17 a 2135

Hospital da Costa-Burela21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 de setembro17 a 2135

C.H. Cristal-Piñor19, 20, 21, 22, 26, 27 de outubro17 a 2135

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Sta. María Nai-Cabaleiro Goás2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 de novembro17 a 2135

Hospital Comarcal de Valdeorras5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 de outubro17 a 2135

Hospital Provincial de Pontevedra19, 20, 21, 22, 23, 26, 27 de outubro17 a 2135

Hospital Montecelo23, 24, 25, 26, 27, 30 de novembro; 1 de decembro17 a 2135

C.H. Xeral-Cíes5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 de outubro17 a 2135

Hospital Meixoeiro16, 17, 18, 19, 20, 23, 24 de novembro17 a 2135

37. Denominación: curso de linguaxe galega administrativa.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: persoal da función administrativa e persoal de servicios xerais que presten servicios en institucións sanitarias do Sergas.

Obxectivos: mellora-lo estudio da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

Contidos: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos5, 6, 7, 8, 13, 14, 15 de outubro17 a 2135

X.A.P. de Santiago de Compostela19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 de outubro17 a 2135

X.A.P. de Lugo21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 de setembro17 a 2135

X.A.P. de Ourense19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

Hospital Montecelo9, 10, 11, 12, 16, 17, 18 de novembro17 a 2135

C.H. Xeral-Cíes29, 30 de outubro; 2, 3, 4, 5, 6 de novembro17 a 2135

38. Denominación: funcións das categorías profesionais de celador e o persoal de servicios xerais en relación co usuario.

Horas da actividade formativa por edición: 40.

Destinatarios: celadores de atención primaria e especializada e categoría de persoal de servicios xerais.

Obxectivos: mellora-la relación co paciente en canto á comunicación e mobilización.

Contidos: a relación de axuda. Comunicacións intepersoais. Fallos e melloras na comunicación. Técnicas de mobilización de pacientes. Ergonomía. Normas de manexo de pacientes con riscos especiais.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13 de novembro17 a 2135

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13 de novembro17 a 2135

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Xeral-Calde16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

C.H. Cristal-Piñor21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30 de setembro17 a 2135

Hospital Montecelo5, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 17 de outubro17 a 2135

Hospital Provincial de Pontevedra19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de outubro17 a 2135

C.H. Xeral-Cíes16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de novembro17 a 2135

39. Denominación: hixiene e manipulación de alimentos nas institucións sanitarias.

Horas da actividade formativa por edición: 30.

Destinatarios: cociñeiros, pinches e gobernantes de cociña.

Obxectivos: mellora-las técnicas de hixiene na manipulación dos alimentos. Actualiza-los coñecementos sobre nutrición e dietética.

Contidos: concepto de nutrición e dietética. Organización do traballo na cociña hospitalaria. Distribución e conservación de alimentos. Normativa técnica legal en alimentación. Técnicas de hixiene e manipulación alimentaria.

Lugar de celebración

Datas

Horario

Nº máximo

de prazas

C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 de setembro17 a 2135

C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 de outubro17 a 2135

C.H. Cristal-Piñor5, 6, 7, 8, 13, 14, 15 de outubro17 a 2135

Hospital Montecelo16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 de novembro17 a 2135

C.H. Xeral-Cíes2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 de novembro17 a 2135

ANEXO II

1. Curso ou actividade solicitada.

Denominación:

Lugar de celebración:............................... Datas:.................. Horario:...............

2. Solicitante.

Apelidos: Nome:

NIF: Data de nacemento:

Enderezo particular: Tlf.:

3. Datos administrativos.

Centro de xestión do que depende o solicitante:

Enderezo do centro de traballo: Tlf.:...........

Categoría:

Denominación do posto de traballo actual:

Breve descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso:

Ocupando praza en propiedade:... Interino vacante:... Outro persoal eventual:...

Antigüidade no sistema nacional de saúde: anos........ meses........ días........

(Xuntar certificado acreditativo)

4. Declaración do solicitante.

Solicito participar na actividade formativa referenciada e declaro baixo a miña responsabilidade que coñezo as bases da convocatoria e que son certos os datos que figuran na presente solicite.

Lugar e data:Sinatura do solicitante:

5. Informe do centro de xestión ou unidade administrativa correspondente.

Vista a solicitude e o interese para o servicio, emito informe: favorable... desfavorable... sobre a asistencia á actividade formativa solicitada, salvo necesidades

do servicio, e certifico que Don/Dona..., no desempeño do seu posto de traballo, realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

Lugar e data:Sinatura e selo do responsable

do centro/unidade informador,

Asdo.:

Sr. Director Xerente do

5324