Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.427

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xuño de 1998 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria no curso 1997-1998, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 22 de xaneiro de 1998 (DOG do 6 de marzo) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sexto da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.483.0. da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto noveno da Orde do 22 de xaneiro de 1998, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

* O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director/a do centro onde se realiza, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

* O 70% en concepto de pagamentos parciais.

* A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación económica e entrega da súa memoria de actividades (en todo caso antes do 6 de outubro) achegando certificación acerca da percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade subvencionada, para os efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, ámbalas dúas institucións cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Entidades Importe

APA do IES Fraga do Novio250.000 ptas.
APA do IES de Betanzos197.054 ptas.
APA do IES de Santa Comba267.374 ptas.
APA do IES de Viveiro1.208.000 ptas.
Aso. Cultural Xerfa1.239.500 ptas.
Centro de Iniciativas para a Mocidade (CIMO)3.933.372 ptas.
APA do IES de Vilalba225.783 ptas.
Asoc. EFA Fonteboa461.349 ptas.
APA Colexio Mixto Caixa Galicia320.000 ptas.
Asoc. Empresarial de Valdeorras570.000 ptas.
APA do IESP de Curtis198.235 ptas.
Asoc. ATAVE de Ourense313.287 ptas.
Asoc. Comarcal Empresarios do Carballiño217.140 ptas.
APA do IESP do Grove285.000 ptas.
Confederación Prov. Empresarios de Pontevedra1.620.450 ptas.
Asoc. Deportivo-Cultural Lobeira375.404 ptas.
Fondo Formación F.P.E.3.240.900 ptas.
Asoc. Formativa Rural Cabo-Estai1.656.000 ptas.
Asoc. Galega de Centros de Formación Ocupacional526.646 ptas.
APA do Colexio San Miguel421.317 ptas.
Confederación de Empresarios de Galicia4.861.350 ptas.
Federación de Cooperativas Sinerxia4.239.097 ptas.
Asoc. Empresarios Iniciativas por Fene414.295 ptas.
Fed. das Asociacións de Xordos do País Galego870.722 ptas.
Asoc. para a Economía Social246.310 ptas.
Federación dos Empresarios do Barbanza1.080.300 ptas.
Asoc. Prestadora de Servicios Fervenza270.615 ptas.
APA do IFP Laxeiro490.500 ptas.

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

Escola Profesional Santo CristoNon cumpri-lo Art. 3 da Orde de Conv.
Algalia AsesoríaNon cumpri-lo Art. 3 da Orde de Conv.
C. de FP Príncipe FelipePor entrar fóra de prazo.
APA do IES Marqués de SuancesPor entrar fóra de prazo.
IES Bouza BreyPor entrar fóra de prazo.
Concello de BetanzosPor entrar fóra de prazo.
APA do IES de FozPor entrar fóra de prazo.
Asoc. Pro-emprego NicrariaPor entrar fóra de prazo.
Asoc. de Alumnos (IES A. Losada Diéguez)Por entrar fóra de prazo.
Concello de AbegondoNon cumpri-lo Art. 7 da orde de Conv.
Concello do CarballiñoNon cumpri-lo Art. 7 da orde de Conv.
Ctro. Municipal de Form. Isaac Díaz PardoNon cumpri-lo Art. 7 da orde de Conv.
Cámara Oficial de Comercio da CoruñaNon cumpri-lo Art. 7 da orde de Conv.
Cámara Oficial de Comercio de FerrolNon cumpri-lo Art. 7 da orde de Conv.

6049