Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Barbanza II. (Expediente 2/1997).

Examinado o expediente instruído por instancia de Parque Eólico Barbanza, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Paseo da Castellana, 95, planta 29, sobre autorización das instalacións do

parque eólico denominado Barbanza II; esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 11 de decembro de 1997, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Parque Eólico Barbanza, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Barbanza II, de 9,24 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A solicitude someteuse a información publica, para os efectos previstos no artigo 35.3º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, no artigo 10 do Decreto 2619/1996, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e artigo 13 do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante o prazo de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 24 de outubro de 1997, Parque Eólico Barbanza S.A., solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para o parque eólico Barbanza II.

Cuarto.-O 28 de outubro de 1997, a Dirección Xeral de Industria resolveu recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica á instalación denominada parque eólico Barbanza II.

Quinto.-O 25 de febreiro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Sexto.-O 6 de abril de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Barbanza IIPorto do Son e A Pobra do CaramiñalX( lonxitude)Y (latitude)

0.502.600 4.723.300

0.503.850 4.723.300

0.504.950 4.724.600

0.505.600 4.721.800

0.501.600 4.721.200

Nº de aeroxeradores: 27.

Potencia unitaria por aeroxerador: 330 e 650 kW.

Potencia total instalada: 9,24 MW.

Altura das torres: 30 e 43 m.

Diámetro das pas: 28,8 e 43,5 m.

Producción estimada: 25.614 MWh/ano.

Investimento previsto: 1.177.748.038 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios para a autorización da instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Barbanza II e a aprobación do seu proxecto de execución, pero non para a declaración de utilidade pública das citadas instalacións, pois a empresa solicitante non cumpriu o trámite previsto para o efecto no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a Parque Eólico Barbanza S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Barbanza II, que se vai situar nos concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación que se autoriza.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Parque Eólico Barbanza S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas,

deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 23.554.961 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 1.177.748.038 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e, ó ser unha instalación que se desenvolve ó abeiro do PEE ENDESA MADE, verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no punto 4 do Decreto 442/1990, do 13

de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5289