Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998 pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de construcción da Facultade de Ciencias Sociais e do Edificio Universitario de Servicios de Investigación, comprendidos dentro do polígono 1-13-B do Plan Parcial do Campus Universitario de Elviña, Universidade da Coruña.

O Consello da Xunta, en virtude do Decreto 168/1998, do 28 de maio de 1998, acordou declara-la urxente ocupación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras de referencia.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, esta secretaría xeral, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación adxunta, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se detallan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Facultade de Informática. Aula 2-4. Planta 2ª. Campus de Elviña. Universidade da Coruña.

Día 20 de xullo de 1998: do predio nº 1 ata o predio nº 19 (ámbolos dous incluídos).

Día 21 de xullo de 1998: do predio nº 19 en diante.

Hora: 9 h.

Ó dito acto deberán asisti-los titulares afectados, persoalmente ou ben por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo da contribución e, no caso de representación, o poder suficiente, e podendo facerse acompañar pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notarios.

Advírteselles ós interesados afectados, ós que se lles notificará individualmente o día e a hora e o lugar sinalados para o levantamento das actas previas, que poderán formular alegacións por escrito, ante o Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Servicio de Construccións da Universidade da Coruña, ata o momento do levantamento das actas previas, para os efectos tan só de corrixi-los posibles erros que se puideran producir ó relaciona-los bens ou dereitos que se afectan.

O levantamento de actas poderá continuarse en días e horarios posteriores, se for preciso, sen necesidade de repeti-las citacións; abondará, para tal efecto, o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Predio nºPropietario

1Rodríguez Roca, Jesús
2Seoane Rama, Jaime
3Rodríguez Pardo, Juan
4Fernández Fernández, José
5Hros. de Felipe Veira
6Rodríguez Roca, Jesús
7López Sande, Antonio, María, Manuela
8Lantes Pardo, Julio
9Cabezal Sande, Mª Isabel
10Rodríguez Roca, Jesús
11López Zapata, Manuel
12Seoane Rama, Jaime e Marina
13Rodríguez Pardo, Juan
14García Teijido, Antonio e Carmen
15Hros. de Antonio Ortega
16Rodríguez Roca, Jesús
17Hros. de Isaura de la Iglesia García
18Tubío Díaz, Manuel
19López Eirín, José
20Boedo López, Elena
21Teijido Candame, Manuel
22Hros. de Camilo Iglesias Méndez
23Hros. de Felipe Veira
24Bermúdez Iglesias, Mª del Carmen
25Iglesias García, Carmen Josefa
26Rodríguez Pardo, Juan
27Rodríguez Iglesias, Emilia
28Capelán Bello, Juan
29Seoane Rama, Jaime

Predio nºPropietario

30Teijido Teijido, Ángel
31Teijido Pan, Saladina
32-ATeijido López, Carmen
32-BDescoñecido
33Rodríguez Iglesias, Emilia
34Hros. de Felipe Veira
35Castro Rey, Francisco Javier

Castro Rey, Silvia

Castro Rey, Verónica

Castro Rey, Alejandro

Pombo Naya, Luis

Rocha Aller, Mª Jesús

36Ercros
37Castro Rey, Francisco Javier

Castro Rey, Silvia

Castro Rey, Verónica

Castro Rey, Alejandro

Pombo Naya, Luis

Rocha Aller, Mª Jesús

Por posible litixio na propiedade dos seguintes predios e para os efectos do disposto na Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e do Regulamento do 26 de abril de 1957, que a desenvolve, considéranse tamén afectados pola expropiación:

Predio nºPropietario

5Fernández Fernández, Carmen
18Ozores Patiño, Mª Fernanda
19Ozores Pardo, Javier F.

Ozores Patiño, Mª Fernanda

Escudero Patiño, Jorge L.

Patiño Urioste, Elena

Patiño Urioste, Mª Clementina

Escudero Patiño, Mª Teresa

Fernández Escudero Patiño, Luis

Urioste, Felipe

21Rodríguez Teijido, Elena e José
23Fernández Fernández, Carmen

Fernández Fernández, Concepción

Fernández Fernández, José

34Fernández Fernández, Carmen
36Castro Rey, Francisco Javier

Castro Rey, Silvia

Castro Rey, Verónica

Predio sen identificar: Cordal Pan, Carmen e Dora

Predio sen identificar: Queijas Pallas, José Manuel

5288