Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se lle autoriza a Enagás, S.A. a instalación denominada Gasificación do Noroeste: rede de Ferrol, nos termos municipais de Fene, Ferrol, Narón e Neda.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para efectos de notificación na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Fene, Ferrol, Narón e Neda.

Segundo.-Con data do 8 de xaneiro de 1996, a referida empresa solicitou, o abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación do proxecto de execución denominado gasificación noroeste: rede de Ferrol, e a autorización das instalacións descritas nel xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria, do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984, e 9 de marzo de 1994.

Terceiro.-Por resolución desta dirección xeral do 27 de febreiro de 1996 someteuse a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, sendo publicada no Diario Oficial de Galicia

do 22 de marzo de 1996, no BOP da Coruña do 6 de abril de 1996 e no xonal La Voz de Galicia do 8 de marzo de 1996 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, así como da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Cuarto.-Con data do 14 de xaneiro de 1998, e como resultado das conversacións mantidas cos municipios e os organismos públicos afectados, debido ás numerosas alegacións presentadas, motivadas polas novas edificacións existentes e cambios no uso do solo, Enagás, S.A. presentou modificacións ó trazado orixinal refectidas no proxecto denominada gasificación do noroeste: rede de Ferrol, addenda I, que foi sometida á información pública por resolución da Dirección Xeral de Industria do 11 de marzo de 1998, sendo publicada no DOG do 2 de marzo de 1998, BOP da Coruña do 8 de abril de 1998 e diario La Voz de Galicia de 1 de abril de 1998, e así mesmo exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, así como da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Quinto.-As instalacións para aprobar son as seguintes:

A rede de Ferrol ten a súa orixe a uns 600 m ó oeste da estrada C-113, dividíndose en dous ramais; o R-1, que tomando dirección sur finaliza na Empresa Nacional Bazán, e o R-2, con trazado que discorre cara ó leste, finalizando en Astano.

A lonxitude total da rede é de 21.327 m.

A calidade do aceiro utilizado nas conduccións será do tipo API-5L-GrB, con diámetros de 10'' a 2'', en función das condicións da explotación.

A presión de operación é de 16 bar.

As conduccións foron deseñadas para transporta-lo caudal de 22.990 Nm/h.

Os termos municipais afectados son Fene, Ferrol, Narón e Neda.

O orzamento ascende á cantidade de 401.053.809 ptas.

Sexto.-Durante os períodos legalmente establecidos recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto referidas ós tramos que permanecen do trazado orixinal, así como das variantes:

1. Juan Antonio Pena Couces, propietario dos predios C-FN-1 e C-NE-280 manifesta que o predio C-FN-15 está en pro indiviso co seu fillo Domingo e que se opón a que se estableza a servidume de paso por canto se trata dun terreo destinado a eucaliptos e será necesario cortar árbores xa madereiros, polo que solicita que se modifique o trazado facéndoo pasar por pista asfaltada do Concello de Neda ou ben polo camiño de servicio da autovía Fene-Ferrol; fai constar non estar conforme coa superficie sinalada na relación de bens e dereitos por canto non se realizou na súa presencia.

2. Francisco Rodríguez Sánchez, propietario do predio C-FN-13, manifesta que non debe realizarse dilixencia ningunha sen antes proceder ó levantamento da acta previa, posto que non está conforme coa superficie afectada, así como que existen outras alternativas de paso a través de pistas asfaltadas ou vías públicas que non precisan afeccións a particulares; finalmente solicita que os bens afectados queden afectados co xusto prezo.

3. José Darío García Rego, propietario do predio C-FE-1049, manifesta que o trazado actual afecta concretamente á edificación existente no predio polo que solicita unha modificción do trazado.

4. Ramón Moreno Vidal, propietario dos predios C-FE-1055 e 1057, pon de manifesto a súa oposición ó trazado polos graves prexuízos que lle ocasiona. Solicita unha modificación do trazado, de forma que discorra polo límite co seu predio tal e como sinala no plano que para o efecto acompaña.

5. Alfonso Pita Pita, propietario do predio C-NA-1205, manifesta que a instalación atravesa o seu predio polo centro e solicita que se modifique o trazado a fin de que discorra por unha das súas extremas.

6. Jacinto Bugallo Valladares, propietario dos precisos C-NA-1037/1 e 1040, solicita que o trazado discorra polos camiños existentes nas súas inmediacións.

7. Estrella Conzález García, propietaria do predio C-NA-1039, manifesta que a canalización atravesa os seus predios, existindo outros trazados alternativos, como a vía de Fene.

8. José M. Casal Corral, propietario do predio C-NA-1050, solicita que a conducción discorra pola estrema do seu predio, en vez de polo centro, como está proxectada e para o suposto de non modificarse o trazado, se teña en conta o valor urbanístico da parcela.

9. Santiago Baamonde Eiroa, propietario do predio C-NE-170, manifesta a súa desconformidade co trazado polo prexuízo que supón ó seu predio e solicita que o trazado se modifique facéndoo pasar polos camiños e vías públicas; fai constar igualmente que o predio C-NE-111, que figura a noem do seu falecido pai, Santiago Baamonde, non é da súa propiedade.

10. Ignacio Teijeiro Míguez, propietario do predio C-NE-175, manifesta que os planos está vellos e non reflicten nin as vivendas nin a vías de nova construcción;

que o trazado discorre por soares, caas e predios situados en solo urbano, con posibilidade de edificación, que se ven privados como consecuencia dun trazado carente de sentido común e que a servidume de paso de dous metros de largo en todo o percorrido constitúe unha reserva para o libre acceso do persoal de Enagás, o que leva sinxelamente a unha expoliación. Por todo iso, solicita a modificación do trazado de acordo co informe do enxeñeiro municipal, de forma que discorra pola liña do ferrocaril ou pola zona de costa.

11. José Agrás Montero, propietario do predio C-NE-211, manifesta que o predio ten unha superficie de tan só 30 áreas dedicada a horta e que actualmente está cualificada como soar; o trazado dos tubos fai que o predio perda a súa posibilidade de edificación polo que solicita que se modifique o trazado de forma que discorra ó largo do paseo marítimo que se vai construír no municipio de Neda.

12. Manuel López Ramos manifiesta que o predio C-NE-229 aparece na relación de bens e dereitos a nome de Arturo Fernández Fernández, cando en realidade pertence ós herdeiros de José Manuel López Velázquez, o que acredita co inventario de bens que achega.

13. Georgina Freire Prestes, propietaria dos predios C-NE-103, 110 e 131; Manuel Pazos Lombao, propietario dos predios C-NE-112 e 118; José Fraguela Díaz, propietario dos predios C-NE-116 e 117; José Manuel Merlán Fernández e esposa, propietarios do predio C-NE-123; Antonio Lombao Merlán, propietario do predio C-NE-124/1; Manuel Mosquera Viqueir, propietario dos predios C-NE-124 e 124/2; María Ángeles Maceiras Martínez, propietaria dos predios C-NE-132, 133, 134, 135 e 136; Remedios Martínez López, propietaria do predio C-NE-135/1; Manuel Rego Rodríguez e José Ramón Basanta Grandío, propietarios dos predios C-NE-144 y 145; Ana María Alvariño Pantín, propietaria do predio C-NE-163; Belarmino Castro Goti, propietario do predio C-NE-164; Álvaro Vilariño Vilariño, predio C-NE-164; Rosario Fernández Suárez, propietaria do predio C-NE-199; Modesto Sanmartín Salgueiro, propietario da finca C-NE-204; Visitación Tojeiro Martínez, propietaria do predio C-NE-205; Jesús Pernas Lamela,

propietario do predio C-NE-206; Manuel Dopico Pereira, propietario do predio C-NE-207; Luis García Iglesias, propietario do predio C-NE-209; Manuel García Perille, propietario do predio C-NE-210; Domingo Chao Pena, propietario do predio C-NE-212; Hispania Rodríguez Teijeiro, propietaria dos predios C-NE-214 e 226; Delfina Rico Doce, en representación de Hdros. de Avelina Rico, copropietaria do predio C-NE-234; María Victoria Ferro López, propietaria do predio C-NE-238; Juana Luisa Pereira Casal, propietaria do predio C-NE-240; Juan Romero Sandes, propietario do predio C-NE-242; Ramiro Pereira Montero, propietario do predio C-NE-245; manifestan que os planos utilizados non se axustan á realidade, existindo numerosas edificacións e instalacións que non se reflicten no plano; que o tarzado orixina na práctica unha vía que, ademais de ser inaproveitable, salvo para os tubos, cortar soares, casas, predios e crea un gravísimo problema para a proboación; que a afectación non pode limitarse

ó terreo ocupado, senon ós prexuízos de toda orde que ocasiona,

ó limitalo aproveitamento posterior do predio, tanto para o cultivo coma para a súa edificabilidade, e que antes da aprobación do proxecto debe tramitarse o impacto ambiental que non pode ser favorable neste caso. Por todo iso, solicitan que se modifique o trazado facéndoo pasar por bens de dominio público, como víais e a ribeira marítima.

14. Guadalupe Orjares Freira e Cipriano Paz Permuy, propietarios do predio C-FN-22 manifestan que se ingnorou que se trata de solo edificable en parcela de 2.000 m, actualmente en revisión para aumentala súa edificabilidad, e que se causan danos no muro de contención e no cerramento da finca, así como no céspede e nas árbores froiteiras, constituíndo unha servidume permanente de dous metros de largo por medio do predio que supón uns danos que difra en 17.000.000 de pesetas. Por todo iso solicita que se mofidique o trazado establecendo un corredor de servicios que evite destrozos innecesrios en bens particulares.

15. Ángeles Fojo Echevarría, propietaria do predio C-FN-23/1V, José Díaz Fernández, propietario do predio C-FN-23 e Josefa García Porto manifestan que se informaron da afección ó seu predio polo proxecto de referencia de casualidade, ollando a prensa cando consideran que o correcto é que se lles notifique persoalmente; que a servidume permanente de dous metros de largo, xunto coas limitacións ó dominio que se establecen constitúen unha expoliación máis que una expropiación; que o trazado non debe serguir sen máis unha liña recta, senón que, como ven facéndose en todo o mundo occidental, debe establecerse un corredor de servicios polo que discorran tanto os tubos de gas como o resto dos servicios na comarca.

16. Xose Rodríguez Gómez, propietario do predio C-FN-23/5 manifesta que a prohibición de construír a menos de cinco metros do eixe do trazado prexudica sensiblemente o predio da súa propiedade, polo que solicita a súa reducción.

17. Santiago Castro Picos manifesta que o predio C-FE-1019/2V figura ó seu nome na relación de bens e dereitos, cando o dito predio pertence non só a el senón a outros propietarios.

18. Ricardo Rico Labandeira, en representación de Autoescuelas Ferrolterra, A.I.E., manifesta que o predio identificado no parcelario como C-NA-24V é un circuíto cerrado para a realización das probas de aptitude para obte-lo carné de conducir de vehículos de motor, do que se serven 16 autoescolas da Comarca de Ferrol; que a sevidume e limitacións ó dominio que implica o gasoducto é incompatible coa utilización do terreo para o fin ó que actualmente se destina facendo antieconómica a súa explotación polo que, de seguir adiante o proxecto, sería de aplicación o artículo 23 da Lei de expropiación forzosa, debéndose en consecuencia proceder á expropiación total xa que conforme o criterio sentado nas sentencias do Tribunal Supremo, a servidume equivale á privación total do dominio, o que abunda na incompatibilidade entre a instalación do gasoducto e o circuíto pechado para verifica-las probas de aptitude de conductores. En consecuencia, solicita a modificación do trazado do gasoducto para

non facer

inoperativa a pista para a realización das referidas probas de aptitude de conductores.

19. María del Carmen Otero Piñeiro, en representación dos herdeiros de Josefa Piñeiro Montero, propietarios do predio C-NA-60V, manifesta que coa información feita pública nos xornais non ten coñecemento do alcance dos danos e prexuízos que se causan no predio, así como da valoración que lle corresponde; solicita ademais que se modifique o trazado facéndoo pasar polas proximidades so ferrocarril existente.

20. Manuel A. Díaz Seoane, propietario dos predios C-NA-96V e 100V manifesta ser ademais copropietario dalgunhas, sinalando que non están de acordo coas indemnizacións que Enegás ofrece, así como a correcta medición dos predios.

21. Manuel Arzúa Núñez e a súa dona Josefina Vázquez Martínez manifestan a existencia de erros de titularidade dos predios C-NA-108V, 109V e 110V, así como erros na naturaleza e na medición dos predios afectados; solicitan que se realice unha lixeira modificación do trazado facéndoo coincidir coa futura rúa en vez de co colector xeral de sumidoiros que, co paso das máquinas, pode parcialmente destruírse.

22. Manuel Cordero López manifesta que é propietario dunha finca denominada O Pereiro no sitio de Plateiro, parroquia de San Martiño de Xubia, concello de Narón, e para acceder a ela ten constituída unha servidume de paso mediante un camiño de tres metros de largo que atravesa a vía de ferrocarril e que, segundo comprobou nos planos parcelarios sometidos á información pública, resulta atravesando polo gasoducto, polo que solicita que se teña en conta a servidume constituída a favor do seu predio e, de resultar prexudicada, se lle indemnice na contía que legalmente corresponda.

23. Alejandra Bartolomé Vizoso, propietaria do predio C-NA-6V, realiza unha valoración dos prexuízos que lle ocasionará a servidume de paso do gasoducto para efectos da indemnización correspondente.

24: Arturo Souto Iglesias manifesta que os predios C-NA-1.057/5V e 1.57/7V figuran na relación de bens e dereitos afectados a nome de Hrdos. de Juan Vizcoso e Jesús Souto Iglesias, cando este último non é todavía titular, senón herdeiro xunto con outros sete irmáns.

As alegaicóns fóronlle remitidas para a súa contestación á empresa beneficiaria, que procedeu igualmente a facilitar a información adicional solicitada polos alegantes.

Sétimo.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural, recibidas contestación deles indicando as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Oitavo.-A solicitude obxecto deste expediente ten o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do

4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expedientes e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa Enagás, S.A, e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Enegás procederá a rectifica-los erros de titularidade e de natureza na relación de bens e dereitos na forma indicada polos alegantes, sen prexuízo de que durante o levantamento de actas previas á ocupación presenten o título orixinal acreditativo da súa condición de propietarios.

2. Non se poden acepta-las alegacións presentadas con base na perda de usos do solo, xa que a servidume que se constitúe é unha servidume subterránea de paso de gas e unha vez enterrados os tubos restitúese o terreo e os valos de cerramento, quedando os predios rurais aptos para o cultivo e os urbanos co seu mesmo nivel de eficabilidade, polo que en ningún caso se pode falar de división dos predios nin de establecemento dun camiño de servicio, posto que se con posterioridade Enegás precisa entrar nos predios para reparar ou renova-las instalacións, realizarao con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

Con respecto á prohibición de edifica a cinco metros do eixe trazado, esta non é unha prohibición absoluta, do tipo das que establece a Lei de estradas, senón que se trata simplemente dunha delimitación ó dominio consistente na necesidade de solicitar permiso ne franxa referida, permiso que, con carácter xeral vén outorgado polo órgano competente da Administración sempre que se cumpran determinadas medidas de seguridade das instalacións.

3. Procede desestima-las solicitudes de establecemento dun corredor de servicio polo que discorran tódolos servicios da comarca, xa que isto é irrealizable, ó esta-las redes de auga, de colectores de saneamento e de enerxía eléctrica xa instaladas e discorrer por trazados diferentes.

4. Non é posible facer coincidi-lo trazado co da autovía Fene-Ferrol, xa que esta segue direccións distintas ós centros de consumo ós que debe abastecer.

5. Non procede estima-la alegación de Ricardo Rico Labandeira en representación de Autoescuelas Ferrolterra, A.I.E, xa que este parte do suposto de que a instalación existente no predio é incompatible coa ins

talación do gasoducto, o que é incerto, posto que en ningún momento se impide a utilización da zona de servidume para o seu uso actual, sendo só necesario o reforzo do gasoducto nas zonas de circulación de vehículos, da meso xeito na que se realiza normalmente cando o trazado discorre por zonas industriais en zonas de aparcamento ou de almacenamento, nas que os vehículos pesados están continuamente circulando sen que isto supoña limitación ningunha nin para o normal funcionamento do gasoducto nin das industrias. Desta forma, no caso de que fose preciso modifica-las pistas ou establecer unha nova sobre o gasoducto, só se tería que reforza-la protección do gasoducto para que o terreo non cedese en ningún momento polo peso dos vehículos que por alí circulen.

6. A servidume de paso mediante camiño da que desfruta Manuel cordero López é perfectamente compatible coa do gasoducto, por discorreren a niveis distintos sobre o terreo, sendo camiño reposto ás condicións actualmente existentes.

7. Enegás procederá a modifica-lo trazado no predio de José Darñio García rego, de maneira que os tubos non interfiran sobre a edificación actualmente existente.

8. Non se poden acepta-las solicitudes de tramitación dun expediente de impacto ambiental, xa que a lexislación vixente non o esixe para este tipo de instalacións que, en definitiva, consisten unicamente no enterramento dun tubo de pequeno diámetro a unha profundidade entre1 e 1.5 m.

9. Non se poden ter en consideración as alegacións referentes á valoración das afeccións ós predios, xa que estas deberán formularse durante a fase de levantamento de actas previas, á que serán convocados individualmente tódolos afectados.

Cuarto.-Enegás procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo coas condicións e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

Outorgarlle a Enagás, S.A autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se determinan no proxecto denominado Gasificación del noroeste: rede de Ferrol e na addenda I a este, os termos municipais de Fene, Ferrol, Narón e Neda, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproban.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesaria a autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicten en aplicación da dita facultade.

Terceira.- A delegación provincial, logo de de informe do técnico designado pola dita delegación pola dita

delegación expedirá se procede, a acta de posta en marcha da instalación. En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xuño de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as Instruccións Técnicas Complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A e ITC-MIG 6.1. Conexións de gas en alta presión, aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa presión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de localizacións con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo, así mesmo, establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, logo da oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez terminadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo esto con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos realizaron entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó finaliza-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou se é o caso , ás modificacións autorizadas xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios, logo do informe do técnico designedo pola dita delegación expedirá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións de bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construc

ción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización, establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Uno.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se han construí-las instalacións fixas en superficie.

Dos.-Para as canalalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de duos metros de largo por onde discorrerán enterrados os tubos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profindidade superior a 50 cm así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a 2 metros contado desde o eixe do tubo.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionemento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da A dministración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal dos terreos necesarios para aexecución das obras, da zona que se reflicte para cada predio, nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a 1,5 m contados desde o eixe do tubo.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto algún que puidese dañar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións a unha distancia inferior a 1,5 metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións nas que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispoñer dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberá facilita-los servicios de bombeiros, concellos afectados e organismos con competencias en materia de protección civil copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operedora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros órganismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 no Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, para a facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario nate o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5994