Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 288/1997).

De conformidade con disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

(BOE do 28-11-1997), e Decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enerezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, con entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se

afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 321 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da liña praza-Campo (expediente 5.365) e final no C.T. Vila que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte unha rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 640 m en Vila. Municipio de Cariño (expediente 288/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica da zona de Vila.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifi-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía,

2ª planta, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade con artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 29 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 288/1997. Provincia: A Coruña.

L.M.T., ó C.T. VilaTermo municipal: Cariño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O CarballiñoLabradíoMaría Freire TeijeiroDivisión Azul 6-5ºD, 15005 A Coruña630

2O CarballiñoPradoMaría Freire Alonsor/Igrexa 14, 15360 Cariño630

3O CarballiñoPradoVicente Montero RodríguezCariño de Arriba, 15360 Cariño22110

4O CarballiñoPradoAntonio Pego HeviaRosario 31, 15360 Cariño22110

5O CarballiñoPradoHros. María Lamas Santiago, Rta/María Varela LamasSan Bartolomé, 32 15360 Cariño12115

6Os EspiñeirosPradoLuisa Timiraos SeijoCarmen 4, 15360 Cariño11645

7Os EspiñeirosMonte baixoEzequiel González RomeroConstitución 79, 15360 Cariño1128260

8Os EspiñeirosPradoPropietario descoñecido16180

9Os EspiñeirosPradoHros. Marino Pumar YáñezFraga Iribarne 53, 15360 Cariño5

10Os EspiñeirosPradoManuel Pumar YáñezFernández Flórez, 15360 Cariño14130

11Os EspiñeirosPradoCarmen Pita RodríguezAntonio Ríos 30-4ºD, 15009 A Coruña40350

12Os EspiñeirosPradoJuan Lorenzo LageA Solana, 15360 Cariño465

13Os EspiñeirosPradoJosé Pego HeviaLandín Carrasco 27-1º, 15360 Cariño245

14Os EspiñeirosPradoJosé Lago RodríguezRosario 1, 15360 Cariño2244420

15Volta do CampoLabradíoManuela Tojeiro PortoCenteas 52, 15360 Cariño45

16Volta do CampoMonte baixoVicenta Pérez BreijoMariña 8, 15360 Cariño16100

17Volta do CampoPradoJosé Mª Bellón GarcíaVila, 15360 Cariño675

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

18Volta do CampoPradoMaría Freire TeijeiroDivisión Azul 6-5ºD, 15005 A Coruña13120

19Volta do CampoPradoTeodoro Ríos CastrillónCenteas 73, 15360 Cariño640

20Volta do CampoPradoMaría Freire AlonsoIgrexa 14, 15360 Cariño15

21O CampoPradoMaría Orizales MandíaCastro de Abaixo 3, 15360 Cariño12110

22O CampoPradoMª Dolores y Mª Pilar Zuazaga Fi, Rta/Carmen Filgueira AbellaAv. Constitución 18, 15360 Cariño22220

23O CampoPradoJosefa Balado RodríguezFederico Tapìa 10-4º, 15005 A Coruña225

24Debaixo da VilaPradoManuela Tojeiro PortoCenteas 52, 15360 Cariño3225250

26A VilaLabradíoManuel Mandía FraguelaZalaeta 52-2ºI, 15002 A CoruñaC.T.31575

5646