Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 47/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.con endezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 199 m de lonxitude, con orixe na liña Sirves-Bretal (expediente 3021) e final no C.T. que se vai instalar en Galiña-Iñeira. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón de 50 kVA e

tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95 e 54 mm Al e 980

m de lonxitude. Municipio de Ribeira (xpediente 47/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Galiña-Iñeira.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e no decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 28 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 47/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T., A.I. e C.T. Galiña-IñeiraTermo municipal: Ribeira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CampeloPradoManuel Domínguez

Martínez

Sirves 20, 15969 Olveira, Ribeira430

4EspereiriñasLabradíoJosé Rego RíoOlveira da Igrexa 32, 15969 Ribeira1290865

5EspereiriñasLabradíoManuel Santos ValiñoBretal 114, 15969 Olveira, Ribeira2242395

6EspereiriñasPradoMiguel Bretal GarcíaBretal 79, 15969 Olveira, RibeiraC.T.662560

4244