1. Autorización adminsitrativa.
Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:
a) Peticionario:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
b) Localización: concello de Banos de Molgas.
c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as dierectrices do Plan MEGA.
d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 48 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. existente a Fondo da Vila e final no C.T. aéreo proxectado, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Acea de Ambía. Liña de baixa tensión aérea proxectada desde o citado C.T., de 315 metros, en conductor R.Z.
e) Orzamento: 2.957.080 ptas.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que se, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedmento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en
materia de instalacións elétricas, de aplicación ó expediente segundo o sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.
3. Alegacións.
A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais
ou entereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enrríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.
Ourense, 17 de abril de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 98/46-3 A.T.Provincia: Ourense.
L.M.T., C.T. e R.B.T. de Acea de Ambía.Termo municipal: Baños de Molgas.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m m m
2 A Ponte Prado Jose Cid Arias Avda. de Zamora 73-2ºD, 32005 Ourense 16 160
4136