1. Autorización administrativa.
Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación.
a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
b) Localización: concello dos Blancos (Ourense).
c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.
d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 661 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio metálico nº 7 da L.M.T. ó C.T. Mosteiro e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V de Aspera.
e) Orzamento: 3.716.072 ptas.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo
54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.
3. Alegacións.
A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais
ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no przao de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio de Fiscal das dilixencias que se produzan.
Ourense, 16 de abril de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 98/60-3 A.T. Provincia: Ourense.
L.M.T., C.T. e R.B.T. Aspera.Termo municipal: Os Blancos.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m m m
21 Barbeitos Labor José Dafonte Docampo Mosteiro s/n Aguis, 32634 Os Blancos 16 256
27 Chancarrasco Labor José Dafonte Docampo Mosteiro s/n Aguis, 32634 Os Blancos 15 150
21 Chancarrasco Labor José Dafonte Docampo Mosteiro s/n Aguis, 32634 Os Blancos 14 224
4139