Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións Gasificación do Noroeste: ramal e redes da provincia da Coruña. Addenda IV promovido pola empresa Enagás, S. A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio

público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese á información pública o proxecto de Gasificación do Noroeste: ramal e redes da provincia da Coruña, Addenda IV declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo na Avda. de América, nº 38 (C.P. 28028), Madrid, titular das concesións administrativas outorgadas por ordes do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 e 15 de abril 1996 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Santiago de Compostela e Cambre, Culleredo, Arteixo, e A Coruña, respectivamente

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións de Gasificación do Noroeste: ramal e redes da provincia da Coruña. Addenda IV.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: modificacións de diámetro habidas na rede da Coruña, a inclusión da conexión eléctrica á posición I-015.1 e as drenaxes forzadas sobre dispersores das estacións de protección catódica (EPC) nº1 situada na posición I-015.1 no termo municipal de Culleredo que protexe o ramal e rede da Coruña e a EPC nº 3 situada na posición I-018 no termo municipal de Santiago de Compostela que protexe a rede de Santiago. Tamén se inclúe a modificación na posición I-015.1 motivada polo cambio de diámetro do ramal R-2.

Termos municipais afectados: Arteixo, A Coruña, Cambre, Culleredo e Santiago de Compostela.

Orzamento: o orzamento suplementario ascende a nove millóns oitocentas vintecatro mil oitocentas sesenta e catro pesetas (9.824.864 ptas.).

Afección de predios particulares: afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto concrétase da seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se han construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións) así como o dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará.

-Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar acto ningún que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando desde o centro da liña de postes do tendido.

-Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

-Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, para poder realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda, a relación dos cales se insire ó final deste anuncio, para que poidan

examina-la na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, edificio administrativo Monelos, Praza Luis Seoane, 1ª andar, e presentar por triplicado nos ditos centros as ale

gacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por instalacións auxiliares

do proxecto 307-ramal e redes da Coruña

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal.

AfecciónCatastro

Predio nºTitular e enderezoS.E.

m

S.P.

ml

O.T.

m

Polig.Parc.Natureza

Termo municipal: Culleredo

C-CU-8VLEArgelia Manuela Arcas Pena e fillos. Tarrío-Culleredo682,03352376-77Pradaría

C-CU-9VLELuis Aldao García e outros. Mercurín, nº 7-baixo, Cambre010,0402378Pasto

C-CU-10VLEBeatriz Alicia Patiño e Manuel Rosendo García Uzal. Agramonte, nº 4-baixo, A Coruña414,0562388Piñeiral

C-CU-11VLECarlos Manuel Rivas Pérez. Das Cruces, nº 2, Toroño-Culleredo00,0102371Monte alto

C-CU-18/1VEPCConcello de Culleredo. Tarrío-Culleredo03,0220Camiño

C-CU-18/2VEPCJosé Eirís Pereiro e esposa. Pontido, nº 17, Sigrás-Cambre023,05024249Terreo de labor

C-CU-18/3VEPCHros. de José Pan Mosquera. Cillobre, Sésamo-Culleredo075,019024248Pasto

C-CU-18/4VEPCBeatriz Alicia Patiño. Agramonte, nº 4-baixo, A Coruña035,011024239Horta Terr. Labor

C-CU-18VEPCJosé Bermúdez Vilariño. Río Sil, nº 7, Carballo068,02042376Pasto

Termo municipal: Santiago de Compostela

C-SA-1000VEPCBalbarena Botana Botana. Son de Abaixo, Santiago de Compostela048,0144505706M. alto

C-SA-1001VEPCSilvestre Botana Botana. Son de Abaixo, Santiago de Compostela0243,0679505707Terr. labor-pradaría

C-SA-1002/1VEPCMaría Otero Fernández. Escarabuña, Santiago de Compostela059,0192505700Xardín

C-SA-1002VEPCConcello de Santiago de Compostela. Pazo de Raxoi, Pza. de Obradoiro, Santiago de Compostela00,050Pista

4135