Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Mourazos, no concello de Verín. (Expediente IN407A 98/47-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outrubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Verín.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 272 m de lonxitude, en conductor LA -56, con orixe no apoio de formigón 2A/11 da L.M.T. existente Verín-Tamaguelos e remate no C.T. aéreo proxectado, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Mourazos estrada. Liñas de baixa tensión aéreas proxectadas de Mourazos e de enlace coa R.B.T. existente en Mourazos estrada con 1.202 metros de conductor R.Z.

e) Orzamento: 7.536.810 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxuntae implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropicación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 17 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/47-3 A.T. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. de Mourazos.Termo municipal: Verín.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommm

9XardovalLabradíoManuela Francisco Gómezr/Espido 59, 32600 Verín542

4307