De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado a Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderanse declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1998.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
ANEXO I
Código do posto: AG.C99.30.201.15190.001.
N.: 26.
C. Espec.: 1.338.828.
Grupo: A/B.
Corpo: xeral/especial.
Denominación do posto: xefe Área IV-Servicio Extensión Agraria-Carballo.
Dependencia: Delegación Provincial.
Localidade: Carballo.
Titulación académica /Formación específica:
Código do posto: AG.C99.30.201.15580.001.
N.: 26.
C. Espc.: 1.338.828.
Grupo: A/B.
Corpo: xeral/especial.
Denominación do posto: xefe Área VII-Servicio Extensión Agraria-Ordes.
Dependencia: Delegación Provincial.
Localidade: Ordes.
Titulación académica/Formación específica:
Código do posto: AG.C99.30.201.27001.001.
N.: 26.
C. Espec.:1.338.828.
Grupo: A/B.
Corpo: xeral/especial.
Denominación do posto: xefe Área-Servicio Extensión Agraria-Lugo.
Dependencia: Delegación Provincial.
Localidade: Lugo.
Titulación académica/Formacion específica:
Código do posto: AG.C99.30.201.32190.001.
N.: 26.
C.Espec.: 1.338.828.
Grupo: A/B.
Corpo: xeral/especial.
Denominación do posto: xefe Área I-Servicio Extensión Agraria-O Carballiño.
Dependencia: Delegación Provincial.
Localidade: O Carballiño.
Titulación académica/Formación específica:
6025