De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, reformada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Edificio administrativo de San Caetano bloque 5, 3ª planta, 15711 Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas pre
vistas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.
Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto de traballo.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está na mesma localidade do novo, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no DOG, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no apartado quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.
Jesús Carlos Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
ANEXO I
Código do posto: XUC030000315770001.
Denominación do posto: Subd. Xer. de Persoal ó Serv. da Admon. de Xustiza.
Grupo: A.
Nivel: 30.
C. específico: 2.275.968.
Corpo ou escala: Xeral/Secretario Xudicial.
Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.
Localidade: Santiago de Compostela.
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado nas páxinas 7.254 e 7.255.
6024