Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.252

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 10 de xuño de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciados polas ordes do 25 de marzo e do 23 de abril de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria polas ordes do 25 de marzo (DOG nº 70, do 14 de abril de 1998) e 23 de abril de 1998 (DOG nº 86, do 7 de maio), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei e na disposición sexta da dita orde e demais normativa vixente, esta consellería,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada debe

rase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería, conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Nº R.P.GrupoApelidos e nomePosto de traballoNivelLocalidadeDependencia

0116923657 A2095ADe la Fuente Vázquez, José AndrésXefe Servicio Extensión Agraria28LugoDelegación Provincial
3496135413 A2060ARodríguez Cougil, María RosaSecretario/a provincial28OurenseDelegación Provincial
T08AG05A01800BBartolomé Lozano, José LuisXefe Área VI-Servicio Extensión Agraria-O Barco de Valdeorras26O Barco de ValdeorrasDelegación Provincial
T08AG05A001659AGarcía Sánchez, JuanXefe Área III-Servicio Extensión Agraria-O Porriño26O PorriñoDelegación Provincial
3494152313 A2059DMartínez Rodríguez, Miguel ÁngelSecretario/a delegado16OurenseDelegación Provincial
3329170235 A2059DSánchez Cajaraville, CristinaSecretario/a secretario xeral18Santiago de CompostelaSecretaría Xeral

5763