Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de abril de 1998 pola que se regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego polas entidades locais a través dos programas de cooperación.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 82, do xoves 30 de abril de 1998, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 4.596, nas disposicións adicionais, onde di: «Terceira.-Os períodos para a contratación polas entidades locais de axentes de emprego e desenvolvemento local subvencionados polo Instituto Nacional de Emprego con anterioridade á data de efectividade da transferencia computaranse para os efectos da determinación duración máxima de tres anos fixada no artigo 17.2º da presente orde.», debe dicir: «Terceira.-As entidades locais que percibisen no ano 1997 subvención do Inem para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, dos que a data de finalización fose anterior á do 1 de agosto de 1998, disporán de prazo ata o 20 de xullo para solicita-la prórroga correspondente ó presente exercicio. A resolución que, se é o caso, aprobe a subvención poderá ter efecto retroactivo, sempre que non se interrompese a contratación e a prestación do servicio polo axente de emprego e desenvolvemento local obxecto da axuda».

5737