Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño 1998 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 1998 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 e 1997.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 e 1997, os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 1998 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 e 1997 serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 6,65%

Préstamos do convenio 1993: 6,10%

Préstamos do convenio 1994: 6,10%

Préstamos do convenio 1995: 6,10%

Préstamos do convenio 1996: 5,95%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (4,22) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Préstamos do convenio 1997: 5,50%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (4,23) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deben comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se vai aplicar á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

5975