Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa María Martínez Otero, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa María Martínez Otero, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 3-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións ecómica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

María Martínez Otero, S.A.

Capítulo I

Aspectos formais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afectará a todo o persoal operario e administrativo que preste servicios na empresa María Martínez Otero, S.A., quedando excluído del, tan só en canto ás normas obrigacionais, o persoal de alta dirección ou xefatura que así acorde a empresa cos interesados.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

1. O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998 e terá unha vixencia de tres anos ata o 31 de decembro do 2000, salvo nas claúsulas económicas, da cal a súa vixencia será dun ano, ata o 31-12-1998, así como as relativas a días festivos como os compensables por adecuación á xornada anual.

2. Calquera das partes poderá denuncia-lo presente convenio cunha antelación de tres meses á súa finalización, mediante comunicación escrita á outra parte e con rexistro desta ante a autoridade laboral competente. No caso contrario, entenderase prorrogado por anos naturais.

3. Co fin de evitar baleiro, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas e sociais pactadas no presente convenio formarán un todo ou unidade indivisible, e deberán ser consideradas globalmente no

seu cómputo anual, para efectos da súa aplicación práctica.

As melloras económicas establecidas neste convenio serán absorbibles polas que xa veña desfrutando o traballador no momento da súa entrada en vigor.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións establecidas no presente convenio teñen a consideración de mínimas, polo que os pactos, claúsulas, condicións e situacións actuais implantadas individualmente entre traballadores e empresa que no seu conxunto e cómputo anual estean en condicións máis beneficiosas, deberán respectarse na súa integridade ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Á aprobación deste convenio pola autoridade laboral competente crearase unha comisión paritaria de convenio composta por catro membros, como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

Artigo 6º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria a que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

1.2. Vixiancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

1.3. Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

1.4. Por instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, e logo do acordo das partes e pola solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

1.5. Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite, que será previo e preceptivo, a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen presentarse en relación á interpretación e aplicación del, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado 6.1, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema presentado, ou, se iso non fose posible, emita un dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no apartado 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela, adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que se poida examinar e analiza-lo

problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

3.1. Exposición sucinta e concreta do asunto.

3.2. Razóns e fundamentos que entenda que lle asisten ó propoñente.

3.3. Proposta e petición concreta que se formule á comisión.

Ó escrito-proposta acompañaranse cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación se estime pertinente para completa-la información sobre o asunto, para os efectos concederase ó propoñente un prazo que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión, unha vez recibido o escrito-proposta e, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

1. A organización do traballo con suxeición a este convenio e a lexislación vixente é facultade exclusiva da dirección da empresa, como regra xeral.

2. Todo o persoal debe observa-la debida consideración e obediencia ós seus xefes respectivos, cumprindo as súas ordes coa maior exactitude, acatando indicacións que se lle fagan, gardando en todo momento respecto e consideración a aqueles e ós seus compañeiros de traballo.

Así mesmo, os superiores gardarán a debida consideración e respecto nas súas relacións co persoal a eles subordinado.

3. Facultades da dirección da empresa: a empresa poderá adopta-los sistemas de racionalización e modernización que xulgue oportunos e necesarios para mellora-la productividade, sempre que tales medidas non se opoñan ás disposicións vixentes na materia e que non prexudiquen os intereses económicos e morais dos traballadores, respectándose, en todo caso, o establecido no Estatuto dos traballadores.

A esixencia de vixilancia, atención e dilixencia no coidado de ferramentas, orde e limpeza do centro de traballo e en materia de reparto de mercadoría da moblaxe o debido coidado e dilixencia para unha entrega ó cliente correcta en tódolos seus termos.

Así mesmo, a dirección da empresa poderá acordar que a terminación da xornada de traballo sexa nos distintos domicilios dos clientes a quen vaian dirixidas as respectivas entregas, referido ós traballadores dedicados ó reparto e montaxe de moblaxe.

4. Tendo presente que a organización do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, sen mingua da dita autoridade, o comité de empresa e os delegados das seccións sindicais terán a función de orientación e propostas no referente á organización e racionalización do traballo e a implantación de novas tecnoloxías.

5. En todo caso, as facultades e obrigas da dirección da empresa e dos representantes dos traballadores haberá que aterse ó que dispoñan as leis e disposicións laborais en todo momento.

Capítulo II

Contratación

Artigo 8º.-Contratación. Normas xerais.

1. O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comenzo da prestación de servicio. Poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que o recolla a lexislación e conforme esta, entregándolle copia deste contrato ó interesado.

2. Realizaranse por escrito as prórrogas que se formalicen, así como o aviso previo de remate do contrato con quince días de antelación.

3. A empresa, previamente ó seu ingreso, poderá realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as axustadas a categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. A empresa entregará, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. A empresa queda obrigada a publicar, no seu taboleiro de anuncios, o modelo TC-2 correspondente ó último mes en que se fixase efectiva a liquidación.

Artigo 9º.-Contrato en prácticas.

1. Será o contrato formalizado con quen estivesen en posesión do título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou calquera outro título oficial recoñecido como equivalente, que habiliten para o exercicio profesional.

2. O contrato poderá formalizarse nos catro anos seguintes ó remate dos estudios polos cales obtivese o título correspondente, salvo no caso de traballadores minusválidos dos que a dita formalización poderá ter lugar nos seis anos seguintes.

Artigo 10º.-Contrato para a formación.

1. Este será o contrato celebrado ó amparo do disposto no artigo 11.2 do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, de acordo coa nova redacción dada pola Lei 63/1997, do 26 de decembro, contrato que terá por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica

necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou posto de traballo da empresa.

2. Este contrato poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 que carezan da titulación requirida para a celebración dun contrato en prácticas. Para o caso de traballadores minusválidos non se respectará o límite de idade máxima.

3. A duración mínima deste contrato non poderá ser inferior a seis meses nin superior a tres anos, salvo no caso de traballadores minusválidos en que esta duración máxima poderá ser de catro anos. Se inicialmente se concertase por tempo inferior a duración máxima poderanse establecer prórrogas del, nun número non superior a tres, e unha duración mínima, cada unha delas, de seis meses, non podendo, por outra parte, superar entre o contrato inicial e as prórrogas que se produzan a duración máxima establecida.

4. A formación teórica axustarase ás seguintes particularidades:

4.1. O tempo adicado a tal formación teórica non poderá ser inferior ó 15% da xornada ordinaria de traballo, seis horas en cómputo semanal.

4.2. Esta impartirase en centros de formación públicos ou privados debidamente acreditados e homologados.

4.3. Se ben este tipo de contratos se establecen en función da alternancia entre a formación teórica e a práctica, tal alternancia non terá que ser necesariamente en cómputo diario, e poderán acumularse as horas de formación teórica en cómputo semanal preferentemente ou incluso quincenal, co obxecto de facer máis coherente dita formación teórica. Tales extremos serán comunicados, en cada caso, ó traballador afectado de forma fidedigna.

4.4. Toda vez que a empresa non pode ser responsable das actuacións do seu persoal fóra do centro de traballo, en ningún momento esta será responsable do cumprimento, por parte do traballador, dos horarios, asistencia e aproveitamento por parte del, de tal formación, podendo o traballador ser sancionado polo incumprimento do dito plan formativo, se tivese coñecemento a empresa.

4.5. A empresa será a encargada de xestionar tal formación teórica co centro correspondente nas condicións reguladas no acordo tripartito de formación continua, sendo o seu financiamento con cargo ó dito acordo. Procurarase que a formación sexa presencial, salvo no caso que pola especialidade da formación non exista no contorno inmediato da empresa un centro homologado, co cal utilizaríase o sistema de formación a distancia con centro homologado e acreditado.

5. O número máximo de traballadores que poderán ter subscrito contrato de formación coa empresa, en cada momento, estará en función dun contrato de formación por cada 10 traballadores ou fracción, que

presten servicios para a empresa baixo outra modalidade contractual, sexa indefinida ou temporal.

6. A retribución do traballador contratado ó amparo desta modalidade e mentres dure o seu proceso formativo, percibirá a súa retribución sobre a base do salario mínimo interprofesional (SMI) se ben en relación proporcional co tempo de traballo efectivo. A partir do segundo ano de formación a dita retribución incrementarase nun 10% e iso ata a expiración do referido contrato.

7. Este contrato poderá ser reconvertido en calquera momento, ben á súa conclusión ou con anterioridade, nun contrato indefinido de acordo co establecido no artigo 13º deste convenio.

8. Os contratos de formación celebrados con anterioridade á sinatura e entrada en vigor deste convenio rexeranse polo aquí disposto, con reserva das condicións máis beneficiosas que puidesen te-los traballadores afectados.

9. Os contratos de formación formalizados con anterioridade a entrada en vigor da Lei 63/1997 seralles de plena aplicación o disposto neste artigo, en especial no relativo á súa posible duración máxima.

Artigo 11º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

1. Será o contrato celebrado ó amparo do disposto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo nova redacción dada pola Lei 63/1997, do 26 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos así o esixan, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

2. Neste contrato consignarase con precisión e claridade a causa ou circunstancias que o xustifiquen.

3. A duración máxima deste contrato será de 12 meses dentro dun período de 18 meses. No caso de que se concertara por un tempo inferior podería ser prorrogado por unha soa vez, sen que a duración total do contrato poida supera-lo máximo establecido.

Artigo 12º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

1. Será o contrato celebrado ó amparo do disposto no artigo 15.1 a) do Estatuto dos traballadores, segundo nova redacción dada pola Lei 63/1997, do 26 de decembro, e que terá por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinado, coa execución, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

2. Con carácter xeral o contrato será para unha soa obra, con independencia da súa duración, e concluirá cando finalicen os traballos, de oficio e categoría, do traballador na dita obra.

Artigo 13º.-Contrato para o fomento da contratación indefinida.

1. Será o contrato que facilite a colocación estable de traballadores desempregados e de traballadores

que a entrada en vigor deste convenio manteñan un contrato temporal, sexa cal sexa a súa modalidade, ou os que a partir da sinatura del poidan ser subscritos inicialmente como temporais.

2. Estes contratos poderanse formalizar nos termos e beneficios estipulados no R.D.L. 8/1997, do 16 de maio e Lei 63/1997, do 26 de decembro, se ben páctase expresamente que no caso dos contratos formativos esta conversión en contrato indefinido poderá ter efecto máis alá do ano establecido na disposición adicional primeira, 2.b) da Lei 63/1997, do 26 de decembro.

3. En canto á posible extinción deste tipo de contratos por causas obxectivas observarase o disposto na disposición adicional primeira, 4 da referida Lei 63/1997, do 26 de decembro.

Artigo 14º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre a empresa e o traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos e a empresa terá a obriga de contratar a un traballador que o substitúa, co obxecto de que o traballador poida acollerse os beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidese substituír a esta.

Artigo 15º.-Normas xerais para os contratos temporais.

1. Ningún contrato formalizado con carácter temporal, a tempo determinado ou indeterminado, terá dereito a ningún tipo de indemnización polo mero feito da súa conclusión.

2. Calquera modificación normativa que se puidera producir nun futuro nas distintas modalidades de contratación será incorporada automaticamente á modalidade contractual de que se trate.

3. A empresa poderá utilizar tódalas modalidades de contratación actualmente vixentes, ou que nun futuro puideran establecerse, e nas condicións recollidas neste convenio e nas que non contraveñan ó aquí disposto, en particular ás referidas nas leis 63/1997 e 64/1997, do 26 de decembro, e Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio.

Artigo 16º.-Empresas de traballo temporal.

A empresa cando contrate os servicios de empresas de traballo temporal garantirá que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación deste convenio colectivo. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa.

Artigo 17º.-Período de proba.

1. Ós traballadores que se incorporen á empresa poderáselles concertar, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Xefes e encargados: 3 meses.

-Oficiais: 30 días laborables.

-Resto do persoal: 15 días laborables.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-lo desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se produza o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüedade.

4. A situación de incapacidade temporal que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o seu cómputo.

Artigo 18º.-Cesamentos.

1. A fin do contrato deberá ser comunicado, por escrito, ó traballador con unha antelación mínima de quince días naturais. Sen embargo, poderase substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio.

Toda comunicación de aviso previo de cesamento, deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación.

O traballador poderá ser asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo do finiquito.

2. O cesamento voluntario por parte do traballador deberá ser comunicado á empresa por escrito e cunha antelación mínima de 15 días naturais. O incumprimento desta obriga poderase ser sancionado, pola empresa, descontando un día de salario por cada día de falta de aviso previo.

Artigo 19º.-Clasificación profesional.

Ambas partes conveñen en desenvolver, no prazo dun ano, un estudio pormenorizado dos distintos postos de traballo e categorías profesionais, manténdose, mentres tanto, a actual clasificación.

Capítulo III

Tempo de traballo

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

1. A xornada máxima ordinaria será, en cómputo anual, de 1.784 horas de traballo efectivo para o ano 1998.

A xornada ordinaria semanal será de 40 horas, distribuídas de luns a venres.

2. Dadas as peculiaridades productivas da empresa, na que se poden producir determinados períodos punta de producción, ambas partes conveñen en que empresa e comité de empresa poden pacta-la distribución irregular da xornada de traballo, respectando loxicamente, os límites á xornada e en especial en canto a menores de dezaoito anos, así como tendo en conta en todo momento as normas de prevención tanto en seguridade como en saúde laboral. As horas que nestes casos se produciran a maiores da xornada ordinaria de traballo acumularanse e compensaranse no seu momento, a poder ser dentro dos trinta días seguintes ó período irregular, por días de descanso.

3. En canto ós descansos por días festivos, tanto de carácter nacional como autonómico ou local observarase o disposto en cada momento.

4. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para 1998, consideraranse como non laborables e retribuídos os días: 20 de marzo, 24 de xullo, 24 e 31 de decembro.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior, aquelas das cales a súa realización está motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incencio, inundación, explosión, derrumbas, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais, as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa na forza maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de oitenta horas.

5. A retribución das horas extraordinarias é a que figura para cada categoría na táboa salarial, e en todo caso, o seu importe corresponderá co 175% do prezo da hora ordinaria.

Artigo 22º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a desfrutar un período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos que vinteún, como mínimo, serán laborais. O seu desfrute iniciarase en calquera caso en día laboral; e como norma xeral, e salvo pacto en contra, ó desfrute das vacacións terá carácter ininterrompido.

2. A empresa e o comité poderán pactar, se é o caso, o desfrute colectivo, total ou parcial, de vacacións se o sistema productivo así o aconsellara, sen que tal período puidera supera-los 15 días naturais de duración, co fin de que o traballador, con carácter individual, poida utiliza-lo resto de tempo á súa

conveniencia, sempre coa conformidade da empresa. De igual forma e por motivos de organización do traballo, a empresa poderá excluír, logo da consulta co comité, determinados períodos como de desfrute vacacional para o global do cadro de persoal ou para determinados postos de traballo.

3. Os traballadores coñecerán, con dous meses de antelación o desfrute, do seu período vacacional. O calendario de vacacións, unha vez aprobado, quedará exposto no taboleiro de anuncios da empresa na primeira quincena de maio.

4. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o trancurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

5. Para efectos de devengo de vacacións, considérase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal (IT), sexa cal sexa a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencimento deste, o traballador continuase de baixa por IT.

6. Se no momento no que a un traballador lle corresponde, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se encontrase en situación de IT por calquera motivo, poderá adia-lo seu desfrute de común acordo coa empresa.

7. No caso de que un traballador caese en situación de IT mentres estivese desfrutando as vacacións, a duración dela non interromperá o período vacacional.

Artigo 23º.-Licencias.

1. A empresa concederá ós traballadores que o soliciten logo da xustificación, se é o caso, as licencias sinaladas seguidamente, sen perda de retribución:

1.1. Matrimonio do traballador: quince días.

1.2. Por nacemento de fillos, enfermidades graves do cónxuxe, fillos, pais, ou irmáns, dous días, que poderán ampliarse a catro no caso de ter que desprazarse fóra da provincia de residencia.

Entenderase que existe enfermidade grave, exclusivamente, nos supostos nos que se produza hospitalización ou intervención cirúrxica.

O tempo de licencia deste apartado poderá ser ampliado, sen dereito a remuneración, logo do certificado médico esixible pola empresa, cando a enfermidade supere os prazos establecidos, pero sempre e cando dea a súa conformidade a empresa.

1.3. Por:

a) Morte do cónxuxe ou fillos: catro días.

b) Morte dos pais ou irmáns: dous días.

c) Morte de familiares políticos ata o segundo grao: un día.

No caso de que fose necesario un desprazamento fóra da provincia de residencia do traballador, as licencias ás que se refire este apartado ampliaranse en dous días.

1.4. Cambio de domicilio do traballador: un día.

1.5. Matrimonio dun fillo: un día, se este tivese lugar en día laborable.

1.6. Traballadoras por lactación dun fillo, ata nove meses despois do parto, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

1.7. Por consulta médica e sempre coa pertinente xustificación:

a) Médico especialista: por tempo necesario con máximo de cinco horas ó día.

b) Médico de cabeceira: ata un máximo de cinco saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las dezaoito horas do ano.

1.8. As licencias ás que se refiren os apartados 1.2 e 1.3, en canto ó cónxuxe, do presente artigo, entenderase así mesmo, con idénticos efectos, en aqueles casos nos que non exista unión matrimonial, se manteña unha relación análoga de afectividade; sempre cando exista una efectiva convivencia de parella.

2. Así mesmo, tamén terán dereito os traballadores a licencia non retribuída por distintos motivos persoais ós anteriormente sinalados e a súa concesión queda ó arbitrio da empresa. O traballador poderá solicitar estes permisos, sempre a cando, se deduzan do período vacacional, e non sobrepasen os cinco días naturais.

3. Nos supostos de licencias por falecemento ou nacemento garantirase, en todo caso, un día laborable.

Capítulo IV

Retribucións

Artigo 24º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa, na cal se recollen os salarios correspondentes para o ano 1998.

Artigo 25º.-Plus de asitencia.

Establécese un plus de asistencia igual para tódalas categorías e grupos profesionais por importe de 100 pesetas día de traballo efectivo. O dito plus establécese co fin de incentiva-la puntualidade no traballo, polo que a primeira impuntualidade que se produza nun mes terá como consecuencia a perda

automática da totalidade do plus de asistencia correspondente a ese mes.

Artigo 26º.-Revisión salarial.

1. No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1998 e 1999, respectivamente un incremento respecto do 1 de xaneiro anterior superior ó incremento pactado, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez se constate oficialmente, e pagarase con efectos do 1 de xaneiro.

2. Se tendo en conta o establecido no apartado anterior, se operase unha revisión salarial, a comisión paritaria deberá reunirse necesariamente dentro dos 15 días seguintes á data en que se conozan os datos oficiais, co obxecto de cuantifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial. A dita táboa revisada, servirá de base de cálculo para o incremento do ano seguinte.

Artigo 27º.-Pagamento das nóminas.

O pagamento da nómina realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar, con debida antelación, anticipos a conta de haberes devengados.

Para todo o persoal considerarase as mensualidades de 30 días. O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria polo que os traballadores están obrigados a comunica-la empresa calquera variación que puidera producirse nos seus datos bancarios.

Artigo 28º.-Antigüidade consolidada.

1. Os traballadores manterán consolidadas as cantidades que, polo concepto de antigüidade, tiveran acreditadas na data do 1 de xaneiro de 1998.

2. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional da antigüidade devengada e non percibida nesa data. Para estes efectos calcularase, por defecto ou por exceso, os anos de permanencia do traballador na empresa, é dicir, computarase ano completo cando a fracción sexa igual ou superior a 0,5 e non se computará cando sexa inferior a 0,5.

3. No anexo II figuran as antigüidades xa consolidadas para cada categoría con efectos do 1 de xaneiro de 1998. Este anexo só será de aplicación a aqueles traballadores que, na data citada, tivesen alomenos, cinco anos de antigüidade na empresa.

4. Os importes do anexo II manteranse invariables e por tempo indefinido, como un complemento retribuído ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido nin por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

5. Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteriores, aplicarase durante os anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002, con efectos do 1 de xaneiro, un incremento lineal de 21.000 pesetas por ano (1.500 por mes) e para

tódolos niveis profesionais, excepto os aprendices das táboas de salarios. Este incremento só será de aplicación a aqueles traballadores que na data 1 de xaneiro de 1998 teñan acreditada antigüidade consolidada. O dito incremento adicionarase ó salario base de cada unha das categorías do convenio, nos casos en que sexa de aplicación, unha vez se lle aplique o incremento pactado para cada ano.

Artigo 29º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga extra de verán e paga de Nadal, que se devengarán por semestres naturais, consistentes en 30 días cada unha delas de salario máis antigüidade consolidada, se é o caso.

2. O aboamento das ditas gratificacións extraordinarias efectuarase mensualmente por rateo, da forma que xa fora pactado no seu día pola empresa e traballadores.

3. Con efectos exclusivos para o primeiro ano de vixencia do convenio, as cantidades devengadas e non percibidas da paga de marzo -desaparecida e rateada nas restantes 14 pagas a partir de 1998-, ou a proporción do tempo traballado entre o 1 de marzo de 1997 e o 31 de decembro de 1997, serán aboadas na nómina de marzo de 1998, en base a seguinte fórmula:

(Sb+Ac)xTt

12

Sb: salario base.

Tt: tempo traballado.

Ac: Antigüidade consolidada.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde dela teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernotas no seu lugar habitual ou no domicilio, terán dereito as seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa: 3.600 ptas.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados sobrepasan os importes establecidos para os efectos, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo do coñecemento del e posterior xustificación por parte do traballador.

Capítulo V

Prestacións sociais

Artigo 31º.-Complementos de prestacións de incapacidade temporal.

1. A empresa completará a prestación económica por incapacidade temporal (IT) ata o 100% do salario do traballador, nos seguintes casos, e durante o tempo que se indica en cada un deles:

1.1. IT derivada de accidente laboral, incluído in itinere ou enfermidade profesional:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de doce meses.

-Sen hospitalización: a partir do quinto día e ata un máximo de catro meses.

1.2. IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de catro meses.

-Sen hospitalización: desde os trinta días e ata un máximo de tres meses.

2. Terase dereito ás prestacións por hospitalización, referidas nos apartados anteriores, tan só nos períodos en que se manteña tal internamento, o cal deberá ser acreditado.

Artigo 32º.-Indemnizacións por morte ou invalidez.

A empresa polo presente convenio, ten a obriga de subscribir a correspondente póliza de seguro por accidente de traballo, accidente in itinere e enfermidade profesional, que cubra as seguintes continxencias:

a) En caso de morte: 2.000.000 de ptas.

b) En caso de Inv. permanente total: 2.500.000 ptas.

c) En caso de I.P. absoluta ou gran invalidez: 3.000.000 de ptas.

Co fin de actualiza-la precitada póliza, a empresa ten un prazo para iso de 30 días unha vez asinado o presente convenio e mentres tanto non terá vixencia, salvo que esta se subscribira con anterioridade ó vencemento do dito prazo, neste caso produciría efectos a partir da dita data.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

1. A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Non poderá condiciona-lo emprego dun traballador á obriga de non afiliarse ou renuncia-la súa aficiliación sindical, nin poderá despedir a un traballador nin prexudicalo, de calquera outra maneira, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. A empresa permitirá ós traballadores afiliados a un sindicato e ós propios sindicatos, celebrar reunións, logo da comunicación; recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen que perturbe a súa actividade normal.

3. A empresa facilitará ó comité de empresa un local perfectamente acondicionado, dentro da empresa, e onde poida realiza-las súas actividades sindicais.

4. A empresa porá á disposición da representación sindical, un taboleiro de anuncios nun lugar visible de acceso a tódolos traballadores.

Artigo 34º.-Garantías.

Os membros do comité de empresa ou delegados sindicais, desfrutarán das seguintes garantías:

1. Non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin dentro

do ano seguinte ó do seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

2. Posuirá prioridades de permanencia na empresa, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

3. Se o despedimento ou calquera outra sanción, por suposta falta grave ou moi grave, obedecese a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será escoitado a parte do interesado, o comité de empresa.

4. Non poderán ser discriminados, na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

5. Non se lle computarán no seu crédito de horas, para o exercicio das súas funcións de representación, aquelas que se produzan con motivo da designación como compoñentes da comisión negociadora do convenio ou das comisións paritarias.

Artigo 35º.-Competencias.

Os membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, terán as seguintes competencias:

1. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e aqueles documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións.

2. Emitir informe, con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por esta, sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais de aquel.

b) Reducción da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

e) Cando a fusión, absorción ou modificación do estatuto xurídico da empresa supoña calquer incidencia que afecte ó volume de emprego.

3. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas graves ou moi graves.

4. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade, de acordo co pactado no presente convenio.

Artigo 36º.-Normas para o exercicio da acción sindical.

1. A utilización das horas retribuídas establecidas para os membros do comité de empresa, así como as estipuladas para os delegados das seccións sin

dicais, deberán comunicarse previamente á dirección da empresa, cunha antelación mínima de 24 horas, salvo casos excepcionais.

2. O exercicio da actividade sindical non poderá interferi-lo traballo dos restantes productores nin a marcha xeral da producción. Os traballadores que desexen dirixirse ós seus representantes, ou viceversa, farano fóra das horas de traballo, ou en casos urxentes poderán facelo dentro do tempo de traballo, logo do aviso ó encargado ou mando superior.

3. Con carácter excepcional, e logo do informe do comité de empresa, a empresa poderá trasladar de posto de traballo, provisionalmente e mentres dure o seu mandato, a aqueles traballadores que, como consecuencia do exercicio da súa actividade sindical, interfiran gravemente a continuidade normal do proceso xeral da empresa. O traballador afectado non poderá ser prexudicado nin economicamente nin no desenvolvemento da súa actividade sindical como consecuencia do traslado. O novo posto de traballo deberá se-lo máis similar ó anterior.

4. Os traballadores deberán xustificar, en todo caso, as horas retribuídas utilizadas no exercicio da acción sindical.

Capítulo VII

Saúde e prevención laboral

Artigo 37º.-Obrigas da empresa.

Criterios xerais da prevención: a empresa adoptará as medidas necesarias para a protección da seguridade e hixiene e saúde laboral dos traballadores, incluídas as actividades de prevención dos riscos profesionais, de información e de formación, así como da correcta organización e medios necesarios para tal fin. En función diso as políticas preventivas a nivel de empresa, rexeranse polos seguintes principios xerais de prevención:

a) Evitar riscos.

b) Avalia-los riscos que non se poidan evitar.

c) Combate-los riscos en orixe.

d) Adapta-lo traballo á persoa, en particular no que respecta a concepción dos postos de traballo, así como a decisión dos equipos de traballo e métodos de traballo.

e) Ter en conta a evolución e posibilidades da técnica.

f) Substituí-lo perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo.

g) Planifica-la prevención buscando un conxunto coherente que integre nela a técnica, a organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais.

h) As obrigas dos traballadores no ámbito da seguridade e hixiene e da saúde laboral no traballo, non afectarán ó principio da responsabilidade do empresario.

Artigo 38º.-Obrigas dos traballadores.

1. Competerá a cada traballador velar, segundo as súas posibilidades, pola súa seguridade e a súa saúde, así como polas das demais persoas afectadas, a causa dos seus actos ou omisións no traballo, de conformidade coa súa formación e as instruccións do seu empresario.

2. Co fin de realiza-los ditos obxetivos, os traballadores de acordo coa súa formación e as instruccións do seu empresario, deberán en particular:

a) Utilizar correctamente as máquinas, aparatos, ferramentas, substancias perigosas, equipos de transporte e outros medios.

b) Utilizar correctamente o equipo de protección individual posto á súa disposición, e despois da súa utilización, colocalo no seu sitio.

c) Non poñer fóra de funcionamento, nin cambiar ou desprazar arbitrariamente os correspondentes dispositivos de seguridade das máquinas, aparatos, ferramentas, instalacións e edificios e utilizar tales dispositivos de seguridade correctamente.

d) Indicar inmediatamente ó empresario e/ou os traballadores que teñan unha función específica en materia de protección da seguridade e da saúde dos traballadores, toda situación laboral que, por un motivo razoable, consideren que entraña un perigo grave e inminente para a seguridade e a saúde, así como todo defecto que se comprobase nos sistemas de protección.

e) Contribuír, de conformidade coa lexislación vixente e durante o tempo que fose necesario, xunto co empresario e/ou os traballadores que teñan unha función específica en materia de protección da seguridade e da saúde dos traballadores, co obxecto de que o empresario poida garantir que o medio e as condicións de traballo sexan seguros e non presenten riscos para a seguridade e a saúde dentro do seu ámbito de actividade.

Artigo 39º.-Revisión médica.

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico periódico a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. Así mesmo, efectuaráselle revisión médica ó traballador que se incorpora á empresa, dentro dos 30 días seguintes ó seu ingreso, salvo que xa a teña realizada no último ano natural, logo da acreditación de tal extremo.

3. Os traballadores disporán do tempo necesario para poder realiza-la referida revisión e será a empresa quen coordinará e contralará tal actividade.

4. O traballador pasará ó recoñecemento médico nos servicios e instalacións que para tal fin dispoña a empresa.

Artigo 40º.-Traballos penosos, tóxicos ou perigosos.

1. O persoal que realice traballos penosos, tóxicos ou perigosos, recibirá por parte da empresa os medios

de protección adecuados que eliminen o seu carácter de penosidade, toxicidade ou perigosidade.

2. Entenderase por actividade continuada penosa, tóxica ou perigosa, aqueles postos de traballo que estean en contacto con: pinturas, vernices; ou cando se produzan gases, vapores ou outros axentes tóxicos nos que se manipulen substancias facilmente inflamables, así como tamén aqueles nos que se produza unha atmosfera de poeira de madeira en suspensión.

3. A empresa facilitará a aqueles traballadores que especificamente o necesiten pola súa actividade: botas de protección, máscaras, luvas, cascos, etc.

A periodicidade no recambio de cada unha da roupa de seguridade será, en cada caso, de acordo co tempo lóxico de duración ou ben polo seu estado de deterioramento.

Artigo 41º.-Roupas de traballo e protección.

A empresa entregará a todo o persoal un conxunto de roupas de traballo composto por pantalón, chaqueta e camisa e iso coa periocidade que, en cada caso, sexa necesaria polo uso e desgaste. A limpeza das ditas roupas será por conta da empresa.

De igual forma, a empresa facilitará a cada traballador os medios e elementos de protección que, en cada caso e posto de traballo, sexan precisos.

Artigo 42º.-Consulta dos traballadores.

A empresa deberá consulta-los traballadores, coa debida antelación, a adopción das decisións relativas á planificación e á organización do traballo na empresa e á introducción da nova tecnoloxía, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos traballadores.

Artigo 43º.-Risco grave e inminente.

1. A empresa estará obrigada a informa-lo antes posible a tódolos traballadores afectados, respecto da existencia dun risco grave e inminente, e das medidas que se deban adoptar en materia de protección.

2. O traballador terá dereito a interrompe-la súa actividade e abandona-lo lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a dita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida e saúde.

3. Cando a empresa non adopte as medidas necesarias, os representantes legais dos traballadores poderán acordar, pola maioría dos seus membros, a paralización da actividade. Tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a cal nun prazo de vintecatro horas, anulará ou ratificará a paralización acordada.

4. Os traballadores ou os seus representantes non poderán sufrir ningún prexuízo derivado da adopción das medidas ás que se refiren os apartados anteriores, alomenos que obrasen de mala fe ou cometido neglixencia grave.

Artigo 44º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo e serán designados por e entre os membros do comité de empresa.

2. Competencias:

a) Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

b) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución de prevención dos riscos laborais.

c) Exerce-lo labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

3. Facultades:

a) Acompaña-los técnicos nas avaliacións de carácter preventivo, así como os inspectores de traballo nas visitas que realicen ós centros de traballo, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.

b) Ser informado pola empresa sobre os danos producidos na saúde dos traballadores, unha vez que se tivese coñecemento deles.

c) Recibir da empresa as informacións obtidas por esta, procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa.

d) Realizar visita ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo, de maneira que non se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

4. Garantías.

a) Na súa condición de representante dos traballadores, seranlle de aplicación as garantías recollidas no artigo 68 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

O tempo utilizado polos delegados de prevención nas súas actividades será considerado como no exercicio das súas funcións de representación para efectos do crédito de horas mensuais retribuídas.

Non se computarán como tales as correspondentes a reunións do comité de seguridade e saúde, reunións coa empresa en materia de prevención ou ás destinadas as visitas previstas nas letras a) e d) do apartado 3 deste artigo.

b) A empresa deberá proporcionar ós delegados de prevención os medios e formación necesarios en materia preventiva.

O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo, para tódolos efectos.

c) Manterán o segredo profesional debido, respecto das informacións ás que tivesen acceso pola súa actuación na empresa.

Artigo 45º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado a consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

2. Estará formado polos delegados de prevención, dunha parte e, pola empresa e/ou os seus representantes en igual número, da outra.

Reuniranse trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións del. Adoptarán as súas propias normas de funcionamento.

3. Competencias:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos.

4. Facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención dos riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto, as visitas que considere oportunas.

b) Coñecer cantos documentos e informes relativos as condicións de traballo sexan necesarios.

c) Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores.

d) Coñecer e informa-la memoria e programación anual dos servicios de prevención.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 46º.-Faltas e sancións.

Considerarase falta laboral toda acción ou omisión da que resulte responsable o traballador, que se produza con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que constitúa un incumprimento grave e culpable das súas obrigas.

As faltas graduaranse atendendo á súa importancia, transcendencia, voluntariedade e malicia na súa comisión, en: leves, graves e moi graves.

Artigo 47º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen causa xustificada, de dúas a catro faltas no período dun mes ou de trinta días naturais.

2. Non cursar no momento oportuno a comunicación correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono ou ausencia do posto de traballo, sen previo aviso ou autorización, aínda que sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se causase algún prexuízo á empresa ou fose causa de accidente ós compañeiros de traballo, será considerada como grave ou moi grave.

4. Pequenos descoidos na conservación do material, maquinaria, ferramentas e instalacións, salvo que iso repercuta na boa marcha do servicio, en tal caso, poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debido.

6. Non informa-la empresa dos cambios de domicilio.

7. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante calquera acto de servicio. Se se produce con notorio escándalo poden ser consideradas como graves ou moi graves.

8. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo ou saúde laboral, que non entrañen risco para o traballador nin para os seus compañeiros de traballo ou terceiras persoas, xa que de darse estas circunstancias será considerado como grave ou moi grave segundo os casos.

9. Usa-lo teléfono da empresa para asuntos particulares, sen autorización.

10. A embriaguez ocasional.

11. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios, taquillas ou efectos persoais dos compañeiros de traballo sen a debida autorización dos interesados.

Artigo 48º.-Faltas graves.

1. Alegar motivos falsos para a obtención de licencias ou permisos.

2. Encontrarse no local de traballo, fóra das horas de traballo, sen autorización.

3. Máis de catro faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, durante un mes ou trinta días naturais.

4. Faltar ó traballo dun a tres días durante un mes sen causa xustificada.

5. Non comunicar coa dilixencia debida as alteracións familiares que poidan afecta-los procesos administrativos ou prestacións sociais. Se mediase algunha malicia será considerada como moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador na empresa mediante calquera forma.

7. As neglixencias no traballo que afecte á boa marcha del.

8. A imprudencia no traballo, que implicase risco de accidente para o traballador ou outros, ou ben perigo de avaría na maquinaria, ferramentas ou instalacións, poderanse considerar graves.

9. A asistencia reiterada ó traballo en estado de embriaguez ou toxicómano.

10. A reincidencia en falta leve dentro dun trimestre, cando exista sanción por escrito da empresa.

11. Non advertir e instruír adecuadamente a outros traballadores sobre os que teña algunha relación de

autoridade ou mando, do risco do traballo que se vai executar e do posible modo de evitalo.

12. Transitar ou permiti-lo tránsito por lugares ou zonas perigosas levando consigo útiles de ignición, así como por lugares expostos ó risco de incendio.

13. A falta de sixilo profesional divulgando datos, informes ou antecedentes que poidan producir prexuízo de calquera tipo á empresa.

14. Calquera falsidade ou inexactitude deliberada nos partes ou documentos de traballo, ou a negativa á súa formalización, así como proporcionar falsa información á dirección da empresa, ou ós seus superiores en relación co traballo.

15. A inxustificada delegación de funcións ou de traballo en persoal de inferior rango laboral ou non cualificado para a súa realización.

16. A aceptación de presentes ou regalos por dispensar trato de favor no servicio.

17. A diminución voluntaria do rendemento do traballo normal.

18. Non informar coa debida dilixencia ós seus xefes, á empresa, ou a quen a represente de calquera anomalía que observe nas instalacións e demais útiles, ferramentas, maquinaria e materiais.

19. Descoidos de importancia na conservación, limpeza ou utilización de materiais, máquinas, ferramentas e instalacións que o traballador utilice.

Artigo 49º.-Faltas moi graves.

1. A desobediencia continuada ou persistente no traballo.

2. Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de tres meses ou de 20 durante seis meses.

3. A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a terceira persoa, dentro das instalacións da empresa ou durante o desenvolvemento da súa actividade profesional, con independencia do valor ou cuantificación do dano.

4. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como empregar ferramentas, útiles ou materiais para uso propio.

5. Maliciosamente, facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materiais, ferramentas, útiles, aparatos, instalacións, vehículos, edificios, utensilios e incluso documentos da empresa.

6. A condena por sentencia firme por delictos de roubo, furto, violación ou abusos sexuais, así como outros delictos que puidesen implicar desconfianza

da empresa respecto do seu autor, aínda cando estes foran cometidos fóra da empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual durante o traballo que repercuta negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos extraños á empresa datos desta de obrigada reserva.

10. Dedicarse a actividades profesionais propias do seu posto de traballo, por conta propia ou en empresas da competencia, sen a oportuna e expresa autorización.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración ós superiores, compañeiros ou subordinados.

12. A imprudencia, neglixencia ou incumprimento das normas ou ordes sobre seguridade e hixiene no traballo, cando por iso se produza grave risco para os traballadores ou danos para as instalacións.

13. Causar accidentes graves por neglixencia, descoido ou imprudencia inescusables ou serio perigo para a empresa ou compañeiros de traballo.

14. A non utilización dos medios ou materiais de prevención de riscos de accidentes de traballo, facilitados pola empresa.

15. Abandona-lo posto de traballo en cargo de responsabilidade ou cando con iso causase un prexuízo grave no proceso productivo, deterioramento importante das cousas ou serio perigo para as persoas.

16. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun período de seis meses, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

18. A falta de asistencia ó traballo non xustificada por máis de tres días, no mes ou de 30 días naturais.

19. A comisión de erros repetidos e intencionados, que poidan orixinar prexuízos á empresa.

20. A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable de informes erróneos sabendo que non son exactos.

21. A simulación de supostos de incapacidade temporal ou accidente.

22. Calquera outro incumprimento de natureza moi grave non recollido especificamente nesta relación.

Artigo 50º.-Graduación das sancións.

1. As sancións que poderá impoñe-la empresa en cada caso, graduaranse atendendo á gravidade da falta cometida, podendo se-las seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 1 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 90 días.

-Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A súa categoría profesional do mesmo.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

ANEXO I

Táboas de salarios para 1998

-Persoal de taller:

Xefe de taller: 113.600 ptas.

Encargado de sección: 113.006 ptas.

Oficial preparador-trazador: 112.331 ptas.

Oficial 1ª: 110.929 ptas.

Oficial 2ª: 108.769 ptas.

Axudante: 107.534 ptas.

Peón: 104.957 ptas.

-Persoal administrativo:

Xefe de oficina: 129.035 ptas.

Oficial 1ª: 115.296 ptas.

Oficial 2ª: 108.769 ptas.

Auxiliar administrativo: 107.270 ptas.

-Persoal técnico:

Xefe de oficina técnica: 129.035 ptas.

Delineante técnico especialista: 115.296 ptas.

Delineante técnico auxiliar: 108.769 ptas.

ANEXO II

Antigüidade consolidada ó 1-1-1998.

Categoría5 anos6 anos7 anos8 anos9 anosCada ano máis

P. taller
Xefe de taller5.7556.9068.0579.20810.3591.151
Encargado sección5.7256.8708.0159.16010.3051.145
Of. preparador-trazador5.6866.8247.9619.09810.2361.137
Oficial de 1ª5.6216.7467.8708.99410.1191.124
Oficial de 2ª5.5136.6167.7198.8219.9241.103
Axudante5.4526.5427.6328.7239.8131.090
Peón5.3236.3877.4528.5179.5811.065

P. Administrativo
Xefe de oficina6.5277.8329.13710.44311.7481.305
Oficial 1ª5.8407.0088.1769.34410.5121.168
Oficial 2ª5.5136.6167.7198.8219.9241.103
Auxiliar administrativo5.4386.5267.6148.7029.7891.088

P. técnico
Xefe de oficina técnica6.5277.8329.13710.44311.7481.305
Delineante T. especialista5.8407.0088.1769.34410.5121.168
Delineante T. auxiliar5.5136.6167.7198.8219.9241.103

ANEXO II

Antigüidade consolidada ó 31-19-1997

Categorías5 anos10 anos15 anos20 anos25 anos30 anosArt. 28.2º

P. taller
Xefe de taller5.14710.29415.44120.58825.73530.8821.151
Encargado sección5.12010.24015.36020.48025.60030.7201.145
Oficial preparador-trazador5.08510.17015.25520.34025.42530.5091.137
Oficial 1ª 5.02610.05215.07820.10425.13030.1551.124
Oficial 2ª4.9289.85614.78419.71224.64029.5681.103
Axudante4.8729.74414.61619.48824.36029.2331.090
Peón4.7559.51114.26619.02123.77728.5321.065

P. administrativo
Xefe de oficina5.84611.69317.53923.38529.23135.0771.305
Oficial 1ª5.22410.44815.67120.89526.11931.3431.168
Oficial 2ª4.8679.73414.60119.46924.33629.2031.103
Auxiliar administrativo4.8609.72014.58019.44124.30129.1611.088

P. técnico
Xefe de oficina técnica5.84611.69317.53923.38529.23135.0771.305
Delineante T. especialista5.22410.44815.67120.89526.11931.3431.168
Delineante T. auxiliar4.8679.73414.60119.46924.33629.2031.103

5892