Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 182/1998, do 11 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dos terreos do predio de 565 m, sito na rúa Río Sil de Xinzo, feita a favor do servicio Galego de Saúde polo Concello de Xinzo de Limia, para a ampliación do actual centro de saúde.

O Pleno do Concello de Xinzo de Limia, en sesións celebradas o 26 de maio de 1997 e 27 de abril de 1998, acorda ceder gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde a titularidade do predio, propiedade do concello e sito na rúa Río Sil, para a ampliación do actual centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuito. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre os estes supere o seu valor intrínseco, se ben non se consideran carga, gravame ou afección ós investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condicións estipuladas nos acordos do Pleno do Concello do 26 de maio de 1997 e 27 de abril de 1998 e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto, feita polo Concello de Xinzo de Limia a favor do Servicio Galego de Saúde, para a ampliación do actual centro de saúde da localidade.

2. O predio cedido, ten unha superficie de 565m e está sito na rúa Río Sil de Xinzo de Limia, sendo as súas extremas as seguintes:

-Ó norte: terreo municipal.

-Ó sur: soar adxudicado a María Concepción Enríquez Rodríguez-Montero (parcela N).

-Ó leste: zona verde do polígono nº 2.

-Ó oeste: rúa, libre de cargas.

Artigo 2º

O inmoble cédese segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patri

monio da Comunidade Autónoma, e 38 do seu regulamento e destinarase á ampliación do centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público e á inscrición do inmoble no Rexistro da Propiedade ó seu nome, integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, once de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5755