Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 1998 pola que se convocan axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e se regula o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, establece no seu artigo 1

o dereito de tódolos españois a recibiren unha educación básica e accederen a niveis superiores de educación.

Nesta liña, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón que a política educativa reforzará a acción do sistema educativo coa finalidade de evita-las desigualdades derivadas dos factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole.

Pola súa parte, o Decreto 2240/1965, do 7 de xullo, regulou a creación das escolas-fogar como centros destinados á educación en réxime de internado de nenos residentes en zonas de poboación ultradiseminada, tendo como finalidade a de conseguir unha maior igualdade de oportunidades no ensino.

De acordo coa lexislación das corporacións locais, os concellos teñen entre as súas finalidades a de contribuír e cooperar á mellora educativa e cultural. Neste contexto determinados concellos son titulares de escolas-fogar, polo que se considere necesario que a Administración educativa conceda axudas económicas ás ditas corporacións coa finalidade de contribuír ó seu funcionamento e á mellora dos servicios que veñen prestando.

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Finalidade.

Esta orde ten por finalidade convocar axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e regula-lo seu procedemento e condicións de outorgamento no presente exercicio económico.

Segundo.-Importe.

Estas axudas serán con cargo á partida orzamentaria 07.03.221A.460.0 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e non superarán o importe de 6.000.000 de pesetas.

Terceiro.-Solicitudes, prazos e documentación.

1. As solicitudes serán presentadas polos representantes das corporacións locais nas delegacións provinciais de Educación e Ordenación Universitaria e irán dirixidas ó director xeral de Centros e Inspección Educativa, segundo o modelo de instancia que figura como anexo desta orde, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de instancias é dun mes, contado desde a entrada en vigor desta orde.

3. As solicitudes acompañaranse da seguinte documentación:

A) Memoria das características demográficas, socio-económicas e xeográficas do contorno.

B) Exposición razoada dos motivos xeradores da necesidade da axuda e actividades para as que se solicita.

C) Número de alumnos residentes internos na escola-fogar, separados por niveis e sinalando o número e núcleos de poboación de procedencia, así como a situación con respecto ós centros educativos máis próximos. Estes datos referiranse ó curso escolar 1996-1997.

D) Fotocopia do CIF.

E) Certificación bancaria (orixinal) a nome do solicitante na que conste a c/c na que se ingresará o importe da axuda, se é o caso.

F) Declaración de que reciben, ou non, axudas doutras entidades para o mesmo fin.

Cuarto.-Informe.

As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria verificarán que as solicitudes aportan a documentación esixida, solicitarán informe da Inspección de Educación e remitirán as solicitudes xunto co dito informe á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Quinto.-Selección.

1. Rematado o prazo de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa avaliará as solicitudes e efectuará a correspondente proposta de concesión de axudas e procederá, de se-lo caso, a dar vista do expediente ós solicitantes para que poidan alega-lo que consideren procedente no seu dereito.

2. A preselección será realizada por unha comisión de avaliación composta polos seguintes membros:

-Presidente: o director xeral de Centros e Inspección Educativa ou persoa en quen delegue.

-Vocais: o subdirector xeral de Centros.

Un inspector/a-xefe da Inspección Educativa.

O xefe do Servicio de Centros.

O xefe do Servicio de Xestión de Programas Educativos.

-Secretario: un funcionario designado pola dirección xeral, con voz pero sen voto.

3. Os criterios prioritarios para a concesión das axudas que se terán en conta son os seguintes:

-Atención ós concellos de menos poboación.

-Distancia do domicilio do alumnado ó centro educativo máis próximo.

-Atención ó maior número de residentes na escola-fogar.

-Número de alumnos procedentes doutros concellos.

-Existencia doutros centros semellantes no contorno.

-Zona de influencia.

Sexto.-Resolución da convocatoria.

A resolución que proceda por parte do conselleiro será publicada no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar denegatoria será motivada e notificaráselles ós interesados. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderá ser obxecto de recurso ante a xurisdicción do contencioso-administrativo.

Sétimo.-As axudas concedidas serán aboadas mediante un pagamento parcial, a conta da liquidación, por un importe máximo do 75% da axuda concedida, sempre que o beneficiario xustifique, con certificación do secretario co visto e prace do alcalde, os gastos realizados, con anterioridade ó 31 de xullo de 1998.

O libramento restante aboarase unha vez que o beneficiario presente, antes do 30 de setembro, a completa xustificación, do mesmo xeito que se indica no parágrafo anterior.

Oitavo.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Noveno.-Entrada en vigor.

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

5752