1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.
1.3. Número de expediente: Ref. 1145.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación do proxecto de renovación de beirarrúas e servicios na rúa Erbedelo, entre Ponte Pedriña e rúa Dalí.
2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 60 días.
3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación:
4.1. Importe total: 6.666.871 ptas., IVE incluído.
5. Fianzas:
5.1. Provisional: 133.337 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.
5.2. Definitiva: 266.675 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.
6. Obtención da documentación e información:
6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.
6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
6.4. Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos:
7.1. Poderán concorre a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obra e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.
8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.
8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
9.1. Entidade: Concello de Ourense.
9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.
9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 29 de abril de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde
5336